A partir do mes de outubro cada día de fin de mes teremos un menú especial relacioado con lugares de lenda. Nesta ocasión aprendimos cousas sobre a lenda do monstro do Lago Ness, de Escocia.
Por este motivo disfrutamos dun menú especial típico de Escocia. Tamén o profe Alberto tocou agaita escocesa e un alumno, Hugo, trouxo información sobre esta lenda e a expuso polo micrófono para todos os compañeiros/as no comedor . Neste vídeo podedes disfrutar dos mellores momentos.
Queremos agradecer as nosas cociñeiras por formar parte do PDI LENDARIO coas súas receitas tan especiais.
Coulibiac Año á escocesa
Galletas de manteiga
E para este mes de novembro todos a investigar a lenda de Breogán! Que menú teremos a final de mes?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.