Hoxe visitaron o centro tres membros da Asociación Paleontolóxica Galega, visitade o seu blogue para atopar máis información. Durante a xornada Antonio, Hugo e Darío transmitiron con entusiasmo en que consiste a profesión de paleontólogo/a, os requisitos que se necesitan para desenvolvela, ademais de realizar obradoiros cos fósiles.
Todos os cursos asistiron a unhas charlas adapatadas ás diferentes idades nas que os nosos convidados ensinaron diversos fósiles, tipos de dinosauros e vexetación, tamén nos axudaron a diferencialos doutras especies mariñas, que non eran dinosauros. Mostraron algunha ferramenta que utilizan para realizar o seu labor e descubrir os fósiles. O alumnado tamén tivo a oportunidade de realizar aquelas preguntas e dúbidas que lles xurdiron durante o proceso de investigación.
A continuación organizáronse uns obradoiros nos que o alumnado participou na creación dun fósil mediante o método de pegada e contrapegada, utilizando as súas mans coa plastilina. Tamén tiveron que completar un dinosauro colocándolle diferentes pezas.
Noutro obradoiro os nenos/as realizaron o seu propio fósil con escaiola, que nas próximas semanas decorarán. Posteriormente participaron na manipulación de auténticos fósiles e de réplicas, mentres Antonio, Darío e Hugo planteábanlles xogos nos que tiñan que adiviñar cal era real e cal réplica, ademais de ir explicando o tipo aos que pertencían e curiosidades de cada un deles.
A xornada foi moi gratificante tanto para o alumnado como para o profesorado, por este motivo, queremos agradecer o compromiso tanto da Asociación Paleontolóxica Galega, como dos membros que participaron na xornada, porque souberon dar unha visión moi dinámica, científica e didáctica do tema, centrando a atención dos nenos/as en todo momento.
Moitas grazas! Agardámosvos de novo para a inauguración do noso museo!
A continuación na presentación comprobaredes o ben que o pasamos e o moito que aprendemos.
Que vos pareceu a vós?
Me encanta que todo saliera bien y que los niños y niñas disfrutaran con la actividad.
ResponderEliminarUn saludo de parte de toda la asociación.
Moitas grazas. Saúdos.
EliminarMe parece fenomenal que enseñeis a los niños tantas cosas!!!los niños son esponjas!!!
ResponderEliminarOla. Os nenos/as tamén nos ensinan a nós diariamente, tratamos que sexa unha aprendizaxe colaborativa. Grazas polo teu comentario. Saúdos.
Eliminar