12 de feb. de 2016

Enigma na audioteca

Na audioteca apareceu a fotografía dun compositor contemporáneo, o seu nome é John Williams. Desde o panel animámosvos a investigar máis sobre este autor respondendo ás preguntas:

"Que tipo de música fixo?"
"Que obras coñeces?"

John Williams ten relación co PDI DinosauRus, sabedes de que forma está relacionado co tema dos dinosauros?
Ao mesmo tempo propoñémosvos un xogo que consiste en emparellar as imaxes co título das películas ás que pertencen.
Lembrades a música destas películas?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...