Que tal andades? Eu, Leoteca, a bruxa da Biblioteca, acabo de chegar do espazo. Nesta viaxe pasei por moitos planetas. Nalgúns deles obsequiáronme cunha mochila con diverso material dentro que quero compartir convosco.
A mochila está chea de personaxes marabillosos, viaxes fantásticas, misterios incríbles e moitas aventuras para descubrir en familia.
Quizais te preguntes: onde están esas cousas? A resposta é sinxela… Están nos libros. Si, nos libros! A lectura permítenos viaxar e coñecer, aprender e descubrir. Esta mochila viaxará con cada un de vós, seguindo a orde que indica a mestra/e, e permacerá con vós algúns días. Iso si, coidádea moi ben (non escribades nos libros, non rachedes as follas, non tiredes a mochila en calquer lugar,...), que tanto os libros como a mochila teñen que chegar a moitos nenos e nenas.
Durante eses días teredes a sorte de gozar de todos estes libros, así que primeiro bótalle unha ollada e logo a ler coa túa familia!!!.Na mochila haberá:
- Un libro cun Cd, para escoitar todos xuntos.
- Un libro para ler entre toda a familia.
- Un libro para os maiores, que tamén poden ler con vós.
Cando rematedes de consultar todo o material que vén na bolsa tedes a posibilidade de escribir ou debuxar algo no caderno que acompaña as lecturas. O modo de facelo é libre e podes: expresar o que che pareceu divertido da mochila, debuxar os personaxes dos contos, resumir algún dos libros, contar unha historia... Así tamén poderemos ler e ver o que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras.
Se queres aventura, lánzate á lectura!
Un saúdo de Leoteca.
Un saúdo de Leoteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.