Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

28 de nov. de 2019

22 de maio de 2019

Visita de María Canosa a Leoteca

Onte tivemos unha visita moi especial en Leoteca para o alumnado de 1º e 2º de EP. Estivo a escritora María Canosa. Veu a falar dos seus libros de poemas "Acuario" e "Acuario2" xa que son os libros que leron os nenos e nenas para esta ocasión. Ademais das preguntas que os rapaces/as expuseron, aproveitamos o momento tamén  para facerlle unha entrevista na nosa Radio Canosa- Onda.  Tamén lle asinou os libros ás nenas e nenos. Moitas grazas María de parte do CEIP Canosa- Rus.Volve pronto!



                                            


   
                                


    









4 de abr. de 2017

Grazas aos nosos poetas e poetisas


Nesta entrada queremos compartir con vós os poemas que compuxeron os nenos/as do cole durante a Semana da poesía. Lembramos que durante esa semana o alumnado, guiado polos seus titores/as, elaborou uns pareados, que logo escribiu nas follas que compoñen pantalla dixital da biblioteca.

23 de mar. de 2017

Pantalla dixital

A pantalla dixital da biblioteca xa está acendida para facer unha homenaxe á poesía durante a súa semana.
Esta actividade que combina a papiroflexia coa poesía esta baseada na obra do artista francés Etienne Cliquet e a súa "Digital display".

21 de mar. de 2017

Semana da poesía

Hoxe comezou a celebración da "Semana da poesía" na que se desenvolveran distintas actividades para conmemorar esta data tan significativa no calendario da nosa biblioteca, como é o 21 de marzo Día Mundial da Poesía promovido pola UNESCO.

15 de mar. de 2017

Longa vida á poesía!

A partir do luns celebraremos na biblioteca a "Semana da poesía", na que durante os recreos o alumnado escribirá os seus pareados nuns cadrados de papel que logo formarán parte da "pantalla dixital" que colocaremos nunha das paredes. Estade atentos durante a próxima semana porque haberá novidades.
VIVA A POESÍA!

18 de mar. de 2016

Viva a poesía!

Hoxe rematamos a Semana da poesía no CEIP Canosa-Rus coa lectura encadeada por parte do alumnado do centro.

17 de mar. de 2016

Poesía sodes vós

Durante esta semana estivemos conmemorando o "Día Internacional da poesía" que terá lugar o próximo 21 de marzo.

9 de mar. de 2016

Semana da poesía

Con motivo da proximidade do 21 de marzo, día no que se conmemora o Día Mundial da poesía, no centro decidimos que a  próxima semana celebraremos a "Semana da Poesía" con diversas actividades.

27 de xan. de 2016

Hora de ler e "Nais e pais de conto"

Presentamos o calendario da Hora de ler na biblioteca, na que diferentes cursos contarán, cantarán, representarán, recitarán... diferentes historias a outros cursos. Do mesmo xeito tamén incluimos as datas das visitas de familiares do alumnado, dentro do programa "Nais e pais de conto".

19 de xan. de 2016

O carteiro que se converteu en carta

Hoxe na Hora de ler os nenos/as de 3º de E.P. realizaron unha función moi especial para o alumnado de 1º e 2º de E.P. na que en primeiro lugar recitaron unhas poesías de diversos autores/as como Gloria Fuertes, Manuel María ou Xosé Neira Vilas.

31 de maio de 2015

Fran Alonso visítanos virtualmente


O próximo mércores 3 de xuño Leoteca establecerá conexión co poeta galego Fran Alonso. Esta visita será a través de internet e os nenos/as de 2º ciclo de Educación Primaria faranlle algunhas preguntas que xa estiveron preparando cos seus titores/as.

24 de abr. de 2015

Así vivimos a semana na biblioteca...


Durante esta semana estivemos realizando diferentes actividades na biblioteca para celebrar que o 23 de abril celébrase o Día do libro. Deste xeito realizáronse cos diferentes cursos de Educación Primaria talleres de creación de marcapáxinas, os nenos e nenas de Educación Infantil tamén participaron. Nos recreos todo o alumnado puido deixar, no mural dos libros, as súas lecturas preferidas

22 de mar. de 2015

Día mundial da poesía

¿Qué es poesía? (Rima XXI)

¿Qué es poesía? - dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía... eres tú.

Gustavo Adolfo Bécquer


O sábado 21 de marzo celebrouse o Día mundial da poesía promovido pola UNESCO.

13 de mar. de 2015

Poesía na rede

Se poetas galegos queres coñecer,
e uns poemiñas recitar
no blogue "son de poetas" has de premer
soa a música e ponte a cantar.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...