17 de mar. de 2016

Poesía sodes vós

Durante esta semana estivemos conmemorando o "Día Internacional da poesía" que terá lugar o próximo 21 de marzo.
O pasado luns comezamos cunha pequena homenaxe que realizaron as aulas á poeta galega Rosalía de Castro. Cada curso recitou unha poesía desta autora:
Educación infantil escolleu "Adiós ríos, adiós fontes", 1º de Educación Primaria "Cómo chove miudiño", 2º E.P. "O gaiteiro repoludo", 3º e 4º E.P. prepararon a canción de Uxía Senlle adicada a Rosalía de Castro "Rosalía pequeniña", 5º E.P. "Alborada", 6º recitou "Negra sombra" e Lucas interpretou un rap de homenaxe á poesía.
O martes visitaron o centro Patricia e Álex, que fixeron gozar ao alumnado de Educación Infantil cos contos e coa música dos diferentes instrumentos que nos ensinaron.
 






A continuación, os nenos/as de 6º E.I. interpretaron un conto de elaboración propia sobre uns dinosauros que chegaban ao noso colexio.
O mércores visitamos a biblioteca do CPI Alcalde Xosé Pichel, no que compartiron deporte e lectura cos alumnos/as do outro centro coristanqués.







O xoves acudíu Paco Nogueiras para compartir cos nenos/as de 3º e 4º de E.P. as poesías do libro de "Cantarolas" e outros contros da editorial Kalandraka, á que queremos agradecer as facilidades para desenvolver estas actividades.
 
Durante toda a semana realizamos nos recreos os obradoiros de "Poesía colaxe", nos que o alumnado que o desexase podía formar as súas poesías ou pareados con recortes de xornal ou revistas. Logo colocámolos na exposición de poemas na biblioteca xunto con outras achegas dos cursos.


Pero aínda non rematamos a semana! Mañá venres realizaremos unha lectura colectiva, a través do sistema de megafonía, de poemas de Manuel María. Aproveitamos a ocasión para invitar a todo o que queira participar a que acuda á consexería ás 11:20h. Esperámosvos a todos/as!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...