28 de xan. de 2019

SEMANA DA PAZ CON LEOTECA

Leoteca deixounos unha carta a cada clase o pasado venres para invitarnos a celebrar o día da Paz e non violencia dun xeito moi especial: xogando coa diversidade e tamén investigando sobre persoas que gañaron o Premio Nobel da Paz en diferentes campos. Estade moi atent@s a todas as cousiñas que iremos facendo esta semana.Iremos colgando fotos e vídeos das diferentes actividades.
Aquí podedes ler o que dicía Leoteca na carta. 

Ola nenas e nenos! 
Son Leoteca! Estou aquí para contarvos unha cousa moi importante, sabedes que día se celebra a próxima semana?
Pois o día 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E  A DA NON VIOLENCIA. Xa me enterei que estades a facer unhas mazás moi especiais para poñer na árbore da paz, que divertido! 
A min tamén me gustaría propoñervos unhas actividades moi chulas para realizar no recuncho "Feito con xeito"durante un recreo da próxima semana. Tedes que estar moi atentos ao calendario que vos deixo para saber que día vos toca e fixarvos ben na porta da biblio xa que alí están postas as actividades. Durante a próxima semana na biblio soamente poderedes levar e devolver libros, pero non haberá nin recunchos nin ordenadores. 
Espero que disfrutedes moito coas miñas sorpresas!
Unha forte aperta!
LEOTECA



23 de xan. de 2019

VISITA MÁXICA CON LEDICIA COSTAS



Hoxe  estivo no colexio a escritora LEDICIA COSTAS!! Que visita tan bonita. Falou dos seus libros "A balada dos unicornios" e da "Señorita Bubble". Eses libros que fixeron viaxar os nenos de 4º, 5º e 6º  e que lle permitiron coñecer os inventos máis extrambóticos.  Para recibila elaboraron acrósticos, inventaron a continuación das obras,  crearon murais, construíron coa impresora 3D un agasallo... e ata fixeron unha entrevista na radio. Grazas edicia.





PRENSA

Estamos a experimentar no recuncho creativo


Este curso temos algunha novidade no recuncho “Feito con Xeito”.
Ademáis dos xogos de Lego, de lóxica e xadrez e dos escornabots que xa tivemos o ano pasado, este ano contamos con dous recunchos específicos relacionados co noso PDI conCIENCIAte: o recuncho Einstein dedicado á electricidade (que levaremos a cabo os mércores) e o que da nome ao proxecto (co que se poderá experimentar os venres) no que cada mes iremos facendo diferentes experimentos.
No trimestre pasado experimentamos coa electricidade estática, conseguindo que tubos e globos funcionasen como imáns que atraían a latas e papeis de seda respectivamente.
 
Agora, estamos a experimentar con centro de gravidade… NON É MAXIA…. É CIENCIA.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...