21 de dec. de 2018
QUE NON FALTE A ILUSIÓN!!
17 de dec. de 2018
conCIENCIAco Nadal
O noso PDI conCIENCIAte está de festas navideñas e por iso todos os nenos e nenas do cole levaron unha bola para decorarala nas súas casas con motivos científicos, inventos, etc. Viñeron cousas moi bonitas que puxemos na nosa árbore de Nadal. Tamén estamos elaborando nas aulas unha postal con luz para aprender a montar un pequeno circuito eléctrico. Mostraremos o resultado das nosas postais proximamente. Esta é a nosa árbore científica.
Ademais dous dos nosos alumnos de 5º e 6º de EP elaboraron esta invitación para o Festival conCIENCIAte co Nadal que se celebrará o próximo venres 21 de decembro no salón de actos do IES Alfredo Brañas de Carballo. Esperamos que non volo perdades, será un festival moi divertido!
8 de dec. de 2018
LEOTECA ESTÁ DE CELEBRACIÓN
Dende o CEIP Canosa-Rus presentámonos a un “Concurso Nacional de Buenas prácticas en centros docentes educativos que impartan enseñanzas no universitarias del sistema educativo español correspondiente al año 2018” na categoría “ Desarrollo de Competencias de Lectoescritura , Audiovisuales y Alfabetizaciones Múltiples”.
Presentámonos co PDI Lendario que foi levado a cabo dende a biblioteca o curso pasado e do que formaron parte todos/as os alumnos/as , profesorado e toda a comunidade educativa.
O 3 de decembro publicouse a Resolución e informáronnos de que quedamos premiados na nosa categoría.
Queremos felicitar e dar as grazas a toda a Comunidade Educativa por facer que os nosos Proxectos saian adiante , e sobre todo queremos felicitar ao noso alumnado, xa que sen eles/as non poderíamos facer todo o que facemos. Grazas e a seguir investigando!
Podedes ver no seguinte enlace a Resolución dos premios ( picade enriba das letras).
6 de dec. de 2018
Un exemplo do que se fai no espazo creativo.
No noso espazo Feito con Xeito os nenos maiores, dentro da materia Aprender a investigar, fedellaron cos dintintos aparatos que alí temos.
Etiquetas:
espazo creativo,
feito con xeito,
PDI,
robots
Diseñamos para imprimir coa IMPRESORA 3D
Os nenos e nenas de 6º andan a argallar co programa Tinkerdkard deseñando obxectos para imprimir coa IMPRESORA 3D. Estes deseños están relacionados co PDI conCIENCIAte.
Aprendendo primeiros auxilios na biblioteca.-
Dentro da mediña unha profesión moi importante é a de enfermeira. Bea deulle os nenos e nenas de 5º e 6º unhas pequenas pautas sobre primeiros auxilios. Grazas!
VIDEO PRIMEIROS AUXILIOS.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)