21 de dec. de 2018

QUE NON FALTE A ILUSIÓN!!




Feliz 2.019. Con este vídeo queremos agradecer a toda a comunidade educativa a implicación nos nosos proxectos. E a vós, nenos e nenas, felicitarvos polo gran traballo que facedes!!!

17 de dec. de 2018

conCIENCIAco Nadal

O noso PDI conCIENCIAte está de festas navideñas e por iso todos os nenos e nenas do cole levaron unha bola para decorarala nas súas casas con motivos científicos, inventos, etc. Viñeron cousas moi bonitas que puxemos na nosa árbore de Nadal. Tamén estamos elaborando nas aulas unha postal con luz para aprender a montar un pequeno circuito eléctrico. Mostraremos o resultado das nosas postais proximamente. Esta é a nosa árbore científica.



Ademais dous dos nosos alumnos de 5º e 6º de EP elaboraron  esta invitación para o Festival conCIENCIAte co Nadal que se celebrará o próximo venres 21 de decembro no salón de actos do IES Alfredo Brañas de Carballo. Esperamos que non volo perdades, será un festival moi divertido!





AGASALLA LECTURA NO NADAL!!!

AGASALLA LECTURA!

8 de dec. de 2018

LEOTECA ESTÁ DE CELEBRACIÓN

Dende o CEIP Canosa-Rus presentámonos a un “Concurso Nacional de Buenas prácticas en centros docentes educativos que impartan enseñanzas no universitarias del sistema educativo español correspondiente al año 2018” na categoría “ Desarrollo de Competencias de Lectoescritura , Audiovisuales y Alfabetizaciones Múltiples”.

Presentámonos co PDI Lendario que foi levado a cabo  dende a biblioteca o curso pasado e do que formaron parte todos/as os alumnos/as , profesorado e toda a comunidade educativa.

O 3 de decembro publicouse a Resolución e informáronnos de que quedamos premiados na nosa categoría. 

Queremos felicitar e dar as grazas a toda a Comunidade Educativa por facer que os nosos Proxectos saian adiante , e sobre todo queremos felicitar ao noso alumnado, xa que sen eles/as non poderíamos facer todo o que facemos.  Grazas e a seguir investigando!

Podedes ver no seguinte enlace a Resolución dos premios ( picade enriba das letras).



Ministerio de Educación y Formación Profesional / Ministerio de Cultura y Deporte

6 de dec. de 2018

Un exemplo do que se fai no espazo creativo.

No noso espazo Feito con Xeito os nenos maiores, dentro da materia Aprender a investigar, fedellaron cos dintintos aparatos que alí temos.

Diseñamos para imprimir coa IMPRESORA 3D



Os nenos e nenas de 6º andan a argallar co programa Tinkerdkard deseñando obxectos para imprimir coa IMPRESORA 3D. Estes deseños están relacionados co PDI conCIENCIAte.


Aprendendo primeiros auxilios na biblioteca.-


Dentro da mediña unha profesión moi importante é a de enfermeira. Bea deulle  os nenos e nenas de 5º e 6º unhas pequenas pautas sobre primeiros auxilios. Grazas!


VIDEO PRIMEIROS AUXILIOS.

30 de nov. de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO CON CONCIENCIATE.



Este mes na biblioteca e no colexio andamos bastante ocupados co noso PDI conCIENCIAte e celebrando a súa festa que dura nada máis e nada menos que un mes!!A por moitos máis meses da ciencia! Estas son algunhas das actividades que realizamos.

  • Cada aula investigou sobre un invento e elaborou algún que outro experimento: o telescopio, o reloxo, a radio, o ordenador, a imprenta, o muíño de auga e de vento, a bicicleta , o coche e a imprenta.A mestra de inglés está a traballar vocabulario científico  en inglés . 
  • As familias andan a traer algún invento.











  • Desde a radio gravamos algún experimento. 
O mestre de primeiro que está a traballar a radio como invento, fixo unha gravación sobre un conto científico que inventaron.




Coa impresora 3D estamos a facer deseños relacionados co PDI.



Os nenos e nenas de sexto elaboraron un video a favor da ciencia nas escolas.






Estas son algunhas das moitas actividades que se realizaron. Tamén tiveron cabida actividades no noso espazo Xeito con Feito, ( todos os venres no recreo se fixeron experimentos relacionados coa electricidade estática), coñecesuse a CDU da zona de investigación a través dun xogo cos escornabots, foise de excursión a distintos museos científicos...
A modo de resumo o seguinte video:



A seguir investigando!!!

26 de nov. de 2018

Saída do PDI: conCIENCIAte

Os días 21 e 22 de novembro o alumnado de 1º, 2º 4º, 5º e 6º de EP realizou unha saída para investigar sobre o Proxecto Documental Integrado "conCIENCIAte" que levamos a cabo dende a nosa biblioteca. Visitamos a Casa das Ciencias e o Muncyt. Neste último realizamos diferentes talleres . O alumnado de 1º e 2º participou nun taller de química sinxela, onde aprenderon a diferenciar o que é unha mestura de unha reacción a través de diferentes experimenos.

A continuación podedes ver un vídeo da excursión de 1º e 2º de EP






24 de nov. de 2018

ConCIENCIAte contra a violencia de xénero.-

 Estes días no colexio estamos a concienciar aos nenos e nenas contra a violencia de xénero.



Dende a biblioteca estamos a realizar distintas actividades:
  1. O alumnado de sexto elaborou unhas receitas simbólicas que gravou na radio. Estas receitas teñen uns ingredientes e unha elaboración moi especial para acabar coa violencia.
  2.  
  3. Todos os cursos están a realizar un taboleiro de escornabot onde teñen que escribir nas casillas palabras boas e malas. Coas palabras boas deben realizar un experimento para combatir a violencia de xénero.

3. Contacontos con libros que tratan esta temática:

Os nenos e nenas desde infantil e 4º escoitaron o conto O país dos mandóns.
Os nenos de 5º e 6º escoitaron As nenas voaron alto.


20 de nov. de 2018

Hoxe lenos!



Os martes os cursos que o desexen, na hora de ler, poden preparar un conto para representarllo a outros cursos! Este martes os nenos de 3ºA interpretaron a obra  O lobo no banquiño aos nenos de infantil e de 1º. O final o lobo sería inocente ou culpable?

13 de nov. de 2018

Mochilas viaxeiras!!

 A s mochilas viaxeiras xa comezaron a saír para as casas. Este ano van cargadas con moitas novidades:
  • Un libro CD de música e poesía.
  • Un libro en inglés.
  • Un conto.
  • Un xogo para desfrutar en familia.
  • Un libro de experimentos.
  • Un caderno no que terán que cubrir unha ficha onde explicarán como fixeron un experimento.
A min fíxome  moita ilusión encher esas mochilas de libros repletos de ilusión e imaxinación. Espero que a vós vos encante lelos!!!




O séptimo arte chega biblioteca.



E se chove,  que chova... aos nenos do colexio non lle importa. Desde hai uns días dispoñemos na biblioteca dunha pantalla que nos permite ver películas como se estiveramos no cine.Aproveitando o mal tempo decidimos desfrutar da película de Padigton.


7 de nov. de 2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Boas a tod@s:
Dende as consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa  Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Isto é para o noso  PDI conCIENCIAte algo moi positivo , xa que a través do seguinte enlace á páxina de bibliotecas escolares podedes acceder a diferentes recursos e así seguir investigando sobre a nosa temática  en galego. Picade na seguinte imaxe e atrevédevos a desfrutar aprendendo!


5 de nov. de 2018

COÑECENDO A CDU COS ESCORNABOTS E OS DOCS



 Para coñecer todos os recursos dos que dispoñemos na biblioteca é imprescindible saber onde están. Os nenos de cuarto aprenderon como buscar na zona onde se atopan os libros de investigación a través dos robots que temos na biblioteca. Ó alumnado dóuselle unha tarxeta cun logo da clasificación dos libros de investigación ( música, historia, matemáticas...) e tiñan que atopar un libro con esa etiqueta. A continuación colocábanse os libros nun lado e o doc e o escorna no outro lado, estimaban a distancia que lle levaría os robot chegar ao libro para que o puidera ler, gañando aquel que máis se aproximaba ao libro. Tamén levaron o DOC dunha sección a outra.Para finalizar tiñan que volver a poñer o libro no seu lugar atendendo tamén ao autor!

CARREIRA DE ROBOTS.



31 de out. de 2018

SAMAÍN NA BIBLIOTECA.-


Uns voluntarios de 6º contaron o conto dos "Esqueletos divertidos" aos nenos e nenas de 5 anos, 1º e 2º.  Como no conto, eles despois tamén tiveron que  montar un esqueleto realizado coa impresora 3D. Ademais comezaron a ler o libro A balada dos Unicornios de Ledicia Costas. Que medo!!!
As mamás e papás fixeron un concurso de cabazas e a entrada a biblioteca quedou terrorífica!!!! Grazas!!!





30 de out. de 2018

CONSTRUÍNDO UN ROBOT CON FICHAS LEGO.-


 E se ademais de xogar e aprender coas fichas lego podemos construír un robot? Os nenos aceptaron o reto que lle propuxo unha personaxe de lego para montar un robot. Ata conseguiron facelo andar!!!

 ROBOTIÑO


Montamos un robot!!!



Este ano propúxenlle os nenos de sexto un reto moi especial: montar un robot co que se puidera garabatear. Ollade o video e veredes se o conseguiron!


ROBOT DE GARABATEAR.-


Os tres porquiños e máis.-


Esta semana os nenos de catro e cinco anos visitaron a biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Alí puideron escoitar o conto de NICOMEDES EL PELÓN de Pinto e Chinto, da voz dunha ratiña moi espelilida. A continuación os nenos tiveron que representar o conto dos tres porquiños. Que ben o pasaron!!!


24 de out. de 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


  Gonzalo Moure , no seu pregón para as bibliotecas escolares 2.018, escribe o seguinte  :

"Nun filme inesquecible, o mellor filme de ciencia ficción da historia, "2001, unha odisea do espazo", aparece un monólito cada vez que o ser humano se dispón a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debeu poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio das mulleres e os homes, o lugar no que se experimenta con emocións, descubertas, utopías, apostas. Somos o que somos porque fomos pensando e escribindo sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as vindeiras xeracións. 
Así que unha biblioteca non é só un lugar que convida a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar que convida a escribir. As bibliotecas do século XXI so, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, fitos do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo. "
Pois intentemos que isto se consiga.
Na nosa biblioteca hoxe falouse e investigouse sobre a electricidade xa que se inaugurou o recuncho Edison, no que os nenos fedellaron coa mesa de luz, con robots, tocaron o piano cuns cables...


Tamén se agasallou con marcapáxinas e os noos lectores levaron libros de NOVIDADES para ler nas súas casas!! A maior parte deles estaban relacionados co PDI conCIENCIAte.


Pero hoxe tamén houbo algún que outro desgusto.Os nenos e nenas  de 1º  desapareceulle a radio da miña avoa ( para os que non se lembren eu son Leoteca a bruxiña da biblioteca). Teñen que pasar unha serie de probas para que un científico lle devolva a radio. Xa descubriron que o inventor da radio se chama Marconi. Fixo que o van conseguir. 



Teñen que recuperar a radio porque é un medio de comunicación moi importante. Escoitándoo podemos saber cousas tan interesantes como o que dixo unha nena de sexto explicando o que era o espazo creativo.


Ata pronto. En breve subirei as gravacións dos nenos e nenas que participaron en teatro lido e máis anécdotas da nosa biblioteca. E non olvides se queres aventura, lánzate a lectura!!!

10 de out. de 2018

CREANDO ROBOTS


Pouquiño a pouco imos introducindo na bibliotteca a robótica. Esta semana tocoulle o quenda a un robot moi especial que tanto pode ser un caracol , como un helicóptero. Que ben o pasaron os nenos e nenas de sexto montándoo.




6 de out. de 2018

Escribimos o principio de conCIENCIAte.-



Como todos os anos, o noso PDI comeza cunha carta onde invita os nenos e nenas a ser os protagonistas. Xunto coa  miña carta, son LEOTECA a bruxa da biblioteca para os que non me coñezades,  chegaron as aulas unha bolsa con material para facer un experimento e unha invento para que coñezamos todo sobre el. Ós máis pequenos tamén lle chegou unha nova mascota chamada DOC. Para axudarnos a facer as investigacións viaxaron desde Santiago  unhas maletas repletas de libros sobre ciencia.
 Pararelamente a isto estamos  creando as nosas primeiras impresións coa IMPRESORA 3D relacionadas co PDI e fedellando co TINKERCARD para elaborar algún diseño propio. Ademais os nenos de sexto crearon unha sección da radio que versa sobre conCIENCIAte.
Este ano tamén dispoñemos dunha camiseta na que podemos ver o noso corpo por dentro e un aparatiño que nos permite tocar o piano con plátanos. Pouco a pouco irei desenglosando esta información. Por agora ídevos conformando cunhas fotos!.



CARTA LEOTECA
FICHA 




23 de ago. de 2018

Bibliotecas LÍA.2

Boas a tod@s:
O verán xa está a piques de rematar e esperamos que  aproveitedes moi ben  o  tempo que queda para comezar o novo curso e que teñades as pilas cargadas para unha nova aventura. 
Como xa sabedes a finais do curso pasado no noso colexio gravouse un vídeo da biblioteca por formar parte do Plan Lía 2.  Este vídeo foi editado e publicado na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia xunto co dos outros tres colexios que participaron neste Plan. Aquí tedes o vídeo e o enlace á páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.  E que saibades que Leoteca está desexando ter a súa casa chea de nenas e nenos! Vémonos o 12 de setembro!

Inicio

10 de xuño de 2018

As familias coñecen a radio

Algunhas familias, algún alumno e algunha mestra deron a súa opinión sobre o PDI Lendario.

6 de xuño de 2018

PDI LENDARIO PECHA AS SÚAS PORTAS!!!


É dificil ensinar o que pasou o 31 de maio no colexio só con imaxes pero ímolo intentar . Ese día acudiron o colexio as familias para ver o noso producto final de Lendario. Alí estaban  esperando os nenos de 6º para recibilas. Chegaron o colexio e escoitaron por megafonía algo que gravaramos no nosa RADIO da biblio CANOSA ONDA.


1º PARADA: MUNDO LENDARIO.
 Nesta parada os guías leron un pergamiño que ía ser o fío conductor de toda a exposición! Ademais de explicar a maqueta feita con plantas da zona, bonecos de plastilina... tamén nos falaron de todo o que se vía nese mundo.


 Se este pergamiño chega a vosas mans e porque eu xa estarei  presa. Son unha vingadora a que lle encomendaron unha tarefa para salvar a humanidade: cazar os cinco dragóns e resgardalos nun lugar seguro para que non os atope o malvado Thanos.  Eu intenteino e fracasei. Agora soamente vós podedes salvar a humanidade. Os dragóns transformáronse en pezas de crebacabezas e están ciscados polos distintos mundos de esta galaxia  chamada Colexio. O que tedes que facer e reconstruílo pero non é nada doado!! En cada mundo hai seres chamados nenos e nenas que son moi espelidos que vos farán preguntas sobre seres fantásticos  da mitoloxía, sobre os termos que empregaban, sobre o ceo no que vivían, sobre os heroes daquela epoca... Se acertades daranvos unha peza do dragón , cando visitedes todos os mundos  volveredes ao lugar de partida e alí intentaredes montar o crebacabezas. Se sodes realmente intelixentes seredes capaces de reconstruír o dragón para gardalo nunha Caixa e que non volvan a saír endexamais.


2º PARADA: A EIRA DAS MEIGAS.






Neste mundo os nenos e nenas de 3º falaron da nosa contorna  e en concreto, das lendas que arrodean ó Monte Neme. Coa axuda do google maps leváronnos por distintos lugares onde nos contaron historias da Pedra da Arca, dos dolmens...




3º PARADA: SERES MITOLÓXICOS.




Aquí, grazas os nenos de 4º, coñecemos moitos  seres mitolóxicos. Despois de facer unha pequena explicación , puidemos ver o visionado dun vídeo que os nenos fixeron con CROMA.

4º PARADA: A NOSA ODISEA

E non podía faltar no PDI Lendario a gran obra de Homero: a Odisea.  Con unha breve explicación e  cun vídeo realizado en croma adentrámosnos neste mundo da man dos nenos de 2ºB.







5º PARADA:VIAXANDO A TRAVÉS DAS CONSTELACIÓNS.



O ceo enconde moitos mitos e lendas e  isto sábeno moi ben o alumnado de 2º A que explicaron a través dunha presentación realizada en croma,  o significao das constelacións.



6º PARADA: GALICIA DE LENDA.

Cantas lendas esconde a nosa Galicia de meigas. A aula de 1º explicou algunha delas coa axuda do escornabot. As familias, da man  dos nenos, tiñan que levar o escornabot a lenda que contaran, pero elixindo o medio de transporte correcto.








7º PARADA: A INFLUENCIA DA MITOLOXÍA NA NOSA CULTURA.  
O corredor de 5º tiña preparada unha exposición para ensinarnos como a mitoloxía inflúe nos termos que utilizamos, na música, nas expresións... 





8º PARADA: MITHONOS. Os nenos e nenas de 6º sorprenderon cun museo dentro da aula onde nos explicaron as distintas mitoloxías do mundo. No chan, unha maqueta xigante, que simulaba a cidade de Mithonos, e onde se movían os escornabots.






9º PARADA: LÚA MÍTICA 
 Os  pequenos  do colexio  contáronos a lenda do Coello gravado na lúa axudados dunhas láminas ben bonitas.Tamén xogaron co escornabot e coas personaxes do mundo mitolóxico.






PARADA 10: CANOSA ONDA. Os visitantes máis atrevidos foron convidados a radio para dar a súa opinión. En breve colgarémolas na radio! 







PARADA 11: Despois de conseguir as pezas do dragón, que se realizaron coa impresora 3D, montouse o dragón.






E recordade a mensaxe deste último vídeo:
Aquí descansan os restos dos dragóns máxicos. Se co paso do tempo nos imos convertindo en seres sen imaxinación , nin creatividade. Ou se por calquera razón esquecemos a importancia de soñar, crear, pensar... debedes abrir esta caixa. GARDEMOS ESTES ANAQUIÑOS DE MAXIA, para cando as nosas mentes se esquezan de todo o que somos capaces.

A imaxinación é a mellor ferramenta para desenvolver a intelixencia.

Albert Einstein












31 de maio de 2018

PRODUCTO FINAL LENDARIO



Hoxe mostrouse as familias o  traballo de todo un ano : o fantástico e o racional mesturouse. Abrimos as portas para mostrar LENDARIO. Grazas mestres, familias e sobre todo nenos e nenas! En breve subiremos os videos de todo.

24 de maio de 2018

LENDARIO ABRE AS PORTAS ÁS FAMILIAS


A POLO ÚLTIMO RETO!!!!!



Noraboa aos que seguides acertando os retos que vos propoño!!!! Hai xente que xa abandonou, pero TODOS os que sigades ata o final e acertedes a última pregunta teredes un agasallo. Asi que moito ánimo e sorte para esta pregunta final, que é a máis difícil. Cantos fillos se di que ten Hércules? A sinatura  do libro é 82N GOM tra. Ánimo e a pola derradeira!!!

21 de maio de 2018

VAI DE LENDAS GALEGAS




Durante o segundo trimestre, dentro da área de plástica, o grupo de 1º de EP preparou os debuxos para elaborar un panel do escornabot relacionado con distintas lendas de Galicia.
No tempo diario adicado á lectura, fóronse lendo diferentes mitos e lendas de distintas partes da xeografía galega. SobRe cada lenda traballada, os nenos/as fixeron debuxos alusivos ás mesmas. Estes debuxos colocaránse sobre un mapa de Galicia, en tamaño A2 aproximadamente, no lugar xeográfico ao que se refire cada lenda. Detallamos unha lista coas mesmas:
-       A Torre de Breogán, en referencia á Torre de Hércules (A Coruña).
-       A lenda do gato negro na Braña de Rus (Coristanco, nas inmediacións do colexio).
-       Lenda de San Hadrián das Illas Sisargas (Malpica).
-       A lenda da Buserana (Muxía).
-       San Andrés de Teixido (no mesmo lugar).
-       A Maruxaina (San Cibrao – Cervo).
-       O Rei Cintolo (Mondoñedo).
-       A Muller Cerva (Cervantes – Os Ancares).
-       O Apalpador (nas montañas de Trives).
-       A moura Ana Manana (preto de Ourense).
-       A Ponte do Demo (Silleda).
-       Unha lenda sobre un Barco Pantasma (nas illas Cíes)
-       Unha lenda sobre bruxas (“As sete bruxas”), que partían dende Rianxo para un Aquelarre noutra zona de España.
A información sobre estas lendas, foron sacadas de diferentes fontes documentais e bibliográficas.
Ademáis, dende a área de Ciencias Sociais, dentro dos contidos relacionados con medios de transportes, fixéronse tamén debuxos alusivos aos transportes terretres, aéreos e marítimos. Éstes colocaránse no panel, como punto de partida do escornabot. Os transportes terrestres, polo tanto, pegaránse na parte inferior do panel (como se procedesen do Sur, de Portugal, é dicir, por terra) e os aéreos e marítimos na parte superior (polo Norte).
Deste xeito, pódense plantexar diferentes formas de realizar a tarefa, pero a base da mesma sería que o movemento do escornabot partiría dende o medio de transporte que queiran utilizar para viaxar, e dende alí programalo para chegar ao destino ou lugar ao que fai referencia á lenda escollida.











Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...