Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións

14 de maio de 2018

RECTA FINAL DO RETO DE LEOTECA!!!


Noraboa a todos os que seguides contestando aos retos! Estádelo facendo moi ben, así que moito ánimo, porque xa queda pouco. A pregunya desta semana é a seguinte:
Que quería facer Ladislau na consulta do dentista? Buscade a resposta no libro
82-34
LLU
vam
Como está semana o xoves é festivo, deixámovos ata o martes 22 para contestar. Moito ánimo e sorte.


6 de maio de 2018

4º FASE DO RETO DE LEOTECA



A seguir respondendo así de ben no seguinte reto. Os lectores insaciables eran 2!!! Aí vai a seguinte pregunta:
     Como se titula o segundo capítulo do libro O corazón do bosque?
 SINATURAS ( 82N-G FER cor). Está en lectores autónomos!!! Moita sorte.


1 de maio de 2018

3º FASE DO RETO DE LEOTECA

Felicidades a todos e todas! Esta vez houbo pleno de acertos. O esqueleto estaba lendo diario sport, unha revista deportiva. Esta semana teredes que consultar o blogue.  Tedes que atopar os " lectores insaciables" do ano pasado. A buscar!!! Tedes ata o venres 4 de maio para contestar. Ánimo!!


22 de abr. de 2018

2º FASE DO RETO DE LEOTECA.




Parabens aos que acertastes a pregunta da semana pasada do Reto de Leoteca. En educación infantil hai catro iconos diferentes. Algúns puxestes sete, pero non é correcto porque había que mirar os que eran DIFERENTES, non contalos todos.

Esta semana a pregunta do reto é a seguinte.
QUE ESTÁ LENDO O ESQUELETO NA PORTADA DO LIBRO " O ESQUELETO"? Unha pista... en vermello tedes que atopar a SIGNATURA 82-34 LLU esq. Moito ánimo e a buscar!!

16 de abr. de 2018

O RETO DE LEOTECA

Boas, este ano Leoteca quere comprobar se sabemos desenvolverse no seu blogue e na biblioteca, para iso vaivos propoñer neste trimestre unha serie de preguntas. A POLA PRIMEIRA:

CANTOS ICONOS DIFERENTES HAI PARA CATALOGAR OS ICONOS DE INFANTIL?
Tedes ata o 19 de abril para contestar e meter o carnet na caixa do reto de Leoteca.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...