Amosando publicacións coa etiqueta exposición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exposición. Amosar todas as publicacións

24 de xan. de 2020

AMAR O MAR ENTRE TOD@S


Esta semana os nenos e nenas estiveron dun lado para o outro visitando as aulas  observando e aprendendo todo o que levan investigado os seus compañeiros e compañeiras do PDI Amar o mar. Moitos dos obxectos que nos ensinaron troixéronnos os pícaros das casas.. Que previlexio poder ver unha mandíbula de tiburón , un dente, o titanic en lego, animais fantásticos de plastilina, corais, caracolas, redes.... Inctreíble tamén foi poder escoitar todo o que aprenderon sobre todo o que arrastra o PDI AMAR O MAR. Grazas!


PINCHA PARA VER O VIDEO






19 de feb. de 2019

EXPOÑEMOS O QUE SABEMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

   Estes días os nenos andiveron visitando as aulas para ver o que traballaron e aprenderon os seus compañeiros co PDI CONCIENCIATE.  Así observaron a evolución dos reloxos, do teléfono ou  do coche, as probas que teñen que superar  para recuperar a preciada radio de Leoteca, a erupción dun volcán, inventos típicos da da nosa terra, mans robóticas e robots, a vida de científicas célebres... Canto saben este peques!













6 de feb. de 2017

Compartimos aprendizaxes

Durante esta semana as diferentes aulas do centro explicarán ao resto do alumnado as exposicións que montaron co material relacionado co cine achegado polas familias e polos diferentes documentos froito das investigacións que realizaron durante o primeiro trimestre dentro do PDI "De espectadores a protagonistas".

17 de xan. de 2017

Semana da paz

BY ryo02x2 Licenza CC0 DP
O próximo 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Non Violencia  e da Paz no centro, pero comezaremos a preparar a xornada a partir da próxima semana con diversas actividades que se desenvolverán nas aulas e na biblioteca escolar.

7 de nov. de 2016

Novembro mes da ciencia en galego

Esta semana comezamos a celebración de "Novembro mes da ciencia en galego" coa exposición nos andeis situados na entrada de Educación Infantil e 1º-2º de E.P. dos escornabots e libros relacionados cos robots e as máquinas.

3 de xuño de 2016

Museo DinosauRus

Hoxe presentamos a exposición "Unha viaxe ao pasado" do museo DinosauRus ás familias dos nenos/as do CEIP Canosa-Rus.

Desculpas!!!

Licenza CC0 DP
Queremos pedir desculpas a todos aqueles/as que quixeron seguir o percorrido polo museo a través de streaming e que non puideron debido a que non había sinal. Cometimos un erro, sentímolo e prometemos analizalo para en próximos eventos solucionalo.
Perdón!!

28 de feb. de 2016

Resumo en imaxes da semana de exposicións nas aulas e corredores.

Despois da semana das exposicións nas aulas e corredores, chegamos a unha conclusión: que divertido é aprender e compartir! Todos os grupos mostraron moito entusiasmo tanto á hora de expoñer os seus materiais ,como á hora de escoitar aos demais. Foi unha oportunidade moi boa para intercabiar experiencias , explicar curiosidades, preguntar dúbidas entre @s nen@s de todo o colexio.
Moitas grazas a todas  ás familias polo material enviado para as exposicións.
Aquí deixamos un resumo en imaxes desta semana.

Semana de exposicións polas aulas e corredores on PhotoPeach

23 de feb. de 2016

Exposicións de aula: aprendemos dos compañeiros/as

Durante esta semana os nenos/as das diferentes aulas están explicando as exposicións que montaron co material que trouxeron das súas casas para traballar o proxecto e que están utilizando para aprender máis sobre os dinosauros.

13 de xan. de 2016

Día Escolar da non violencia e a paz


O próximo 30 de xaneiro, conmemorando o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celebrarase o Día Escolar da non violencia e a paz. Desde a biblioteca queremos sumarnos a esta iniciativa coa montaxe da exposición adicada á temática da non violencia, amizade, solidariedade e os sentimentos, establecendo dous espazos un con libros para prelectores e primeiros lectores e outra zona con obras para lectores autónomos e expertos, e que xa podedes consultar.

5 de nov. de 2015

Como montamos unha exposición?

Mañá venres, as mestras Laura e Cris, realizarán unha presentación ao alumnado na que ademais de aprender sobre os dinosauros tamén o farán sobre o que son os museos, a montaxe dunha exposición e sobre recorridos virtuais. Entre outros os obxectivos son que aprendan a montar a súa propia exposición, así como fomentar a investigación na visita aos museos.

Algúns dos dinosauros que aparecerán son o Triceratops, Allosaurus, Tyrannosaurus, entre outros.
Ao finalizar a sesión entregarase unha "ficha de investigación" coa que poidan lembrar e aplicar o explicado.
Abride ben os ollos! Aparecerán imaxes sorprendentes. Estades preparados para montar a exposición da vosa clase?



16 de out. de 2015

Un pouco de medo, por favor!

Aproxímase o Samaín e desde a biblioteca queremos propoñervos algunha lectura para que pasedes medo, pero un "medo divertido".
Neste curso seleccionamos libros que tratan sobre diferentes tipos de medo: ás pantasmas, aos zombis, á morte, aos vampiros, aos monstros, entre outros. Na entrada de diante colocamos libros axeitados para prelectores e primeiros lectores/as e na entrada de atrás libros para lectores/as autónomos e expertos.








22 de maio de 2015

Esta é... EXPO Rus entre planetas

O pasado mércores 20 de maio inaugurouse a exposición do PDI RUS ENTRE PLANETAS, que está adicada ao Sistema Solar. A xornada de inauguración estruturouse en tres espazos diferenciados para poder albergar a todos os familiares do alumnado que quixeron compartir con nós este día.

18 de maio de 2015

EXPO Rus entre planetas

Estamos comezando a quentar motores da nosa nave, en poucos días comezará a conta atrás, estade atentos que DESPEGAMOS!
Durante todo o curso desenvolvéronse diferentes actividades dentro do PDI "Rus entre planetas" e como colofón a este traballo, o alumnado de Educación Infantil e Primaria presentará á comunidade educativa a EXPO Rus entre planetas o próximo mércores 20 de maio ás 14:45h.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...