Fai dúas semanas, Leoteca tróuxonos un novo regalo para xogar cos escornabots: unha mesa que nos permitirá facer novas actividades, como por exemplo, os "Escornacontos Científicos". Proximamente vos iremos informando.
De momento, so decirvos que a inaugurou unha persoa moi especial: Anxo Carracedo, que veu a visitarnos e guiou ao escornobot por algúns dos concellos galegos importantes na súa vida.
Agradecémoslle ao CEIP Pepe de Xan Baña, de Santa Comba, que nos aportou a idea dentro do curso de bibliotecas creativas que se celebrou en Santiago. Moitas gracias compañeir@s. Seguro que esta mesa a imos a disfrutar moito!!!!
28 de feb. de 2019
27 de feb. de 2019
Outra visita moi especial: JORGE MIRA. O famoso físico explicounos curiosidades sobre a ciencia ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, por exemplo,como afecta a gravidade aos corpos, a cantidade de estrelas que hai comparándoas con graniños e area, como serían os seres vivos se houbese vida noutros planetas, ... tamén dedicou un tempo a falar da súa profesión, das materias que lle gustan... E como gran cientíco tamén nos falou do medioambiente, e se puidese crear un invento sería un aparello para paliar este problema.
GRAZAS POR TRANSMITIR O AMOR POLA CURIOSIDADE.
UN PRACER.
Etiquetas:
concienciate,
IMPRESIÓN 3D,
PDI,
ROBOT,
VIDEOCONFERENCIA
25 de feb. de 2019
RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO.
Quen nunca recitou un poema de Rosalía de Castro? Fagamos memoria recordando a escritora máis importante de Galicia,escoitando uns poemas recitados polos nenos e nenas de sexto.
GALEGUIÑOS 3D
Atención!! Os nenos e nenas de sexto estamos organizando e montando unha pequena empresa chamada GALEGUIÑ@S 3D para recaudar cartos para a excursión de fin de curso. Venderemos colgantes, chaveiros, obxectos de edición limitada... todo feito coa impresora 3D e con material de refugallo. Esperámosvos o venres 1 de marzo no colexio. Acercádevos que val a pena.
NAIS E PAIS DE CONTOS.
Hoxe na biblioteca unha mamá dunha nena de terceiro contou un conto moi especial " O caramelo sen sabor e sen cor". Grazas Ivana e Aldara por transmitirnos o valor da cooperación a través deste conto. O marcapáxinas de agasallo feito coa impresora 3D fixémolo con moito cariño.
Etiquetas:
animación á lectura,
nais e pais de conto
21 de feb. de 2019
Talleres conCIENCIAte no cole
Esta semana comezaron uns talleres de experimentos no cole da man de dous profesores de química, Jose María de la Viña e Pablo Mira. Veñen a experimentar cos nenos e nenas do cole no marco do noso PDI. Comezaron coa clase de 2º de EP cunhas actividades moi divertidas, dende escoitar as ondas sonoras a través duns teléfonos con vasos e corda, ata descubrir como o noso cerebro da ordes ao resto do noso corpo. Gustaríanos agradecer a colaboración destes profesores, xa que van a vir a facer experimentos con todos os cursos durante os próximos meses. Grazas por compartir a vosa experiencia!
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA.-
Na biblioteca hoxe viñéronnos contar uns contos que nos encantaron. Os nenos e nenas de infantil e primeiro non perderon detalle.
Etiquetas:
animación á lectura,
contacontos,
Kalandra
19 de feb. de 2019
EXPOÑEMOS O QUE SABEMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
Estes días os nenos andiveron visitando as aulas para ver o que traballaron e aprenderon os seus compañeiros co PDI CONCIENCIATE. Así observaron a evolución dos reloxos, do teléfono ou do coche, as probas que teñen que superar para recuperar a preciada radio de Leoteca, a erupción dun volcán, inventos típicos da da nosa terra, mans robóticas e robots, a vida de científicas célebres... Canto saben este peques!
Etiquetas:
concienciate,
encargados,
exposición,
investigación,
PDI,
robots
18 de feb. de 2019
CONcienciaTE con ANXO CARRACEDO.-
Cústame escribir esta entrada no blogue porque todo o que diga non vai facer xustiza a gran persoa que estivo hoxe na nosa biblioteca: Anxo Carracedo. Unha eminencia que se lle poida describir como humilde xa o di todo del. Acercouse ao noso colexio para inculcar o amor pola ciencia. Durante dúas horas teletransportou ao noso alumnado ao mundo da curiosidade. Ensinounos a substraer o ADN dun kiwi, falounos do seu día a día, viaxou ao pasado para falarnos da súa infancia, comentou a importancia de investigar...Contounos algo da súa vida manexando o escornabot, sentiu curiosidade pola impresora 3D e ata nos concedeu unha entrevista na radio. Sen dúbida alcanzou moitos logros pero ver a todo o noso alumnado con ganas de seguir sentado escoitando e falando con el, nos tempos que corren, non é menos logro. OXALÁ QUE PERSOAS COMO ANXO CARRACEDO ESTIVERAN TÓDOLOS DÍAS POLOS COLEXIOS.
Sempre agradecidos.
Preparando a visita. |
Preparando a visita. |
Aprendemos como ver o ADN dun Kiwi. |
Entrevista a Anxo Carracedo. |
Percorre a súa Galicia co escornabot. MOMENTOS CON ANXO CARRACEDO.- |
Etiquetas:
concienciate,
IMPRESORA 3D,
PDI,
Radio na biblio,
ROBOT,
robots
13 de feb. de 2019
13 F: Día mundial da radio 2019
O 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio. Se picades nos seguintes enlaces poderedes saber un pouquiño máis sobre este día.
Aproveitando que Leoteca trouxo a nosa propia emisora de radio o curso pasado, Canosa Onda , estamos a traballar dende o noso cole en diferentes programas de radio
Se picades no seguinte enlace poderedes acceder directamente a nosa emisora de radio e aos diferentes programas xa emitidos. Hoxe, día 13 de febreiro , aproveitaremos para facer un programa especial que subiremos proximamente.
11 F: Día Internacional da muller e da nena na ciencia.
O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da muller e da nena na ciencia. Aproveitando que o noso PDI conCIENCIAte trata sobre esta temática, non podemos deixar pasar esta opotunidade para facer visibles unha vez máis dende o noso centro a todas aquelas científicas, investigadoras, doctoras, premios nobeles, etc que cambiaron o curso da historia. Esperamos que o papel da muller na ciencia non sexa algo extraño nos nosos tempos. Achegamos algúns enlaces moi interesantes para investigar sobre este tema a través de libros e vídeos nas aulas. Picade enriba das seguintes imaxes para acceder á información.
Mujeres en la ciencia: 13 audicuentos para homenajear el aporte de las mujeres científicas
Libros para inspirar a las niñas en ciencias y concienciar a los niños
11 de feb. de 2019
Exposicións de aulas conCIENCIAte
Os vindeiros días no CEIP Canosa-Rus levarase a cabo unha fase do PDI conCIENCIAte moi importante para o noso alumnado. Todas as clases van a ter a oportunidade de expoñerlle aos compañeiros e compañeiras de todo o cole cousas sobre o proxecto, falarlles sobre os inventos e experimentos que trouxeron das casas, sobre o traballo que levan feito ata o momento, etc. Cada aula preparou a súa exposición libremente e ao longo destes días na hora de ler vamos a poder desfrutar aprendendo uns de outros/as. Aquí tedes a organización.
EXPOSICIÓNS conCIENCIAte: Do 11 ao 18 de febreiro de 2019
LUNS 11 |
INFANTIL CONTA A 1º E 2º |
3º E 4º CONTAN A 5º E 6º |
MARTES 12 |
1º E 2º CONTAN A INFANTIL |
5º E 6º CONTAN A 3º E 4º |
MÉRCORES 13 |
INFANTIL CONTA A 3º E 4º |
1º ,2º CONTAN A 5º E 6º. |
XOVES 14 |
3º E 4º CONTAN 1º 2º |
5º E 6º CONTAN A INFANTIL |
VENRES 15 |
INFANTIL CONTA A 5º 6º |
1º ,2º CONTAN A 3º E 4º |
LUNS 18 |
3º E 4º CONTAN A INFANTIL |
5º E 6º CONTAN A 1º E 2º |
8 de feb. de 2019
ENTRVISTA A VERÓNICA COUTO.-
Hoxe visitou a radio Verónica, locutora de Radio Voz. Era urxente que acudira ao noso colexio porque tíñalle que axudar os nenos e nenas de 1º a recuperar a radio. Un caco chamado Marconius roubáralla a principios de curso. Se a querían recuperar tiñan que superar uns retos. Un deses retos consístía en mandarlle un e-mail a unha locutora e facerlle unha entrevista. Os nenos e nenas de quinto tamén aproveitaron para facerlle unhas preguntiñas. Grazas Verónica! Espero que che gustara estar connosco e o agasallo feito coa 3D.
Se picades no seguinte enlace poderedes ver a nova publicada no xornal do domingo día 10 de febreiro na que sale esta noticia.
Etiquetas:
concienciate,
ENTRADAS E SAIDAS,
Radio na biblio
3 de feb. de 2019
SEMANA DA PAZ.
De vez en cando tamén vexo a televisión e o cine. Onte gañou un Goya un actor con discapacidade visual, Jesús Vidal. Cando recolleu o premio nomeu esas verbas tan importantes: inclusión, visibilidade e diversidade. Na biblioteca tamén se traballou a inclusión coa temática da paz. A través de obradoiros onde tiñan que compoñer ou adiviñar palabras en braile, construír un globo con pinchos ou mesmo construír ,con axuda do escornabot, palabras de paz có alfabeto da linguaxe de signos, o dactilolóxico. Aprederon que a paz tamén e aceptar a diversidade.
Pararelamente nas aulas investigaron sobre científicos/as que acadaron o premio Nobel da Paz e na entrada fixeron unha árbore en cabezada poro gran Newton. Para finalizar vimos unha serie de curtas. CREAMOS NAS PALABRAS DE MALALA: UN NENO, UN MESTRE, UN LIBRO E UN LAPIS PODEN CAMBIAR O MUNDO.
Pararelamente nas aulas investigaron sobre científicos/as que acadaron o premio Nobel da Paz e na entrada fixeron unha árbore en cabezada poro gran Newton. Para finalizar vimos unha serie de curtas. CREAMOS NAS PALABRAS DE MALALA: UN NENO, UN MESTRE, UN LIBRO E UN LAPIS PODEN CAMBIAR O MUNDO.
Durante toda a semana tamén visualizamos curtas que fomentan o traballo en equipo, a amizade, o respeto, a tolerancia, as diferenzas,etc. Podédelas ver a continuación .
E tamén aprendemos a dicir a palabra paz en linguaxe de signos grazas a seguinte canción:
Etiquetas:
concienciate,
día da paz,
espazo creativo,
robots
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)