18 de feb. de 2019

CONcienciaTE con ANXO CARRACEDO.-


Cústame escribir esta entrada no blogue porque todo o que diga non vai facer xustiza a gran persoa que estivo hoxe na nosa biblioteca: Anxo Carracedo. Unha eminencia que se lle poida describir como humilde xa o di todo del.  Acercouse ao noso colexio para inculcar o amor pola ciencia. Durante dúas horas teletransportou ao noso alumnado ao mundo da curiosidade. Ensinounos a substraer o ADN dun kiwi,  falounos do seu día a día, viaxou ao pasado para falarnos da súa infancia, comentou a importancia de investigar...Contounos algo da súa vida manexando o escornabot, sentiu curiosidade pola impresora 3D e ata nos concedeu unha entrevista na radio.  Sen dúbida alcanzou moitos logros pero ver a todo o noso alumnado con ganas de seguir sentado escoitando e falando con el, nos tempos que corren, non é menos logro.  OXALÁ QUE PERSOAS COMO ANXO CARRACEDO ESTIVERAN TÓDOLOS DÍAS POLOS COLEXIOS.
Sempre agradecidos.



Preparando a visita.


Preparando a visita.

Aprendemos como ver o ADN dun Kiwi.



Entrevista a Anxo Carracedo.

Percorre a súa Galicia co escornabot.


MOMENTOS CON ANXO CARRACEDO.-








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...