28 de feb. de 2021
Día de ROSALÍA
16 de feb. de 2021
Martes de Entroido
Coincidindo co martes de carnaval subo algunas actividades que fixeron os nenos e nenas do colexio para celebrar o antroido.
Os distintos cursos investigaron sobre o Entroido típico de Galicia, escolleron un , e colocouse no recibidor do colexio. Os nenos e nenas de sexto gravaron unhas explicacións sobre esta festividades. Por último a Meca Antroidiña este ano non mandou mandatos para apoiar os heroes da pandemia.
12 de feb. de 2021
Neste Entroido, como todos os días, os nenos son os heroes da pandemia.
Hoxe celebrouse o Entroido no colexio. Como todos os anos no Canosa non se podía deixar de festexar dalgún xeito. Dedicámoslle este vídeo a todas esas profesións especialmente difíciles que están poñendo todo e máis para saír deste complicado soño. Non quixemos olvidar a aquelas personas anónimas que tamén están aportando o seu grao de area para saír desta pandemia. Por último, felicitar a cada un dos nenos e nenas do cole por ser os GRANDES HEROES . GRAZAS por facer que isto, aínda que difícil, vós o fagades inmensamente moito máis levadeiro. Cun millón de abrazos voadores cada persona que traballa no colexio desexámosvos que pasedes un bo Entroido.
11 de feb. de 2021
A RADIO
Din que a radio é un medio de comunicación que nunca vai desaparecer. Neste tempo de pandemia as palabras son indispensables. Para celebrar o día da radio este 11 de febreiro , os nenos e nenas de sexto reflexionaron sobre este tema e algúns nenos de distintos cursos gravaron aos seus avós e avoas para coñocer cal era o se programa de radio favorito. Espero que disfrutedes escoitando tanto como disfrutei eu, Leoteca.
7 de feb. de 2021
Obradoiro radio na biblio
Este ano temos poucas visitas polo maldito COVID pero a pesar de que son escasas son fantásticas. Esta semana acompañounos Sole. Os nenos de catro e cinco anos viaxaron a través dos contos , dos sons e das palabras ao mundo da radio.
Contos desde a casa.
1 de feb. de 2021
Mensaxes de PAZ
Imaxinádesvos que un día nos chegara unha mensaxe de paz as nosas aulas nunha botella procedente do fondo mariño? Que bonitas quedaron as que fixestes no colexio.
As veces din que as nenas e nenos non poden facer nada para conseguir a paz, pero isto é falso. Unhas nenas de sexto elaboraron e diseñaron un video contra o bullying.