Amosando publicacións coa etiqueta dinosauros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dinosauros. Amosar todas as publicacións

9 de xuño de 2016

DinosauRus: o T-Rex e o velociraptor


Esta é a videografía que fixeron os nenos/as da aula de 6º de Educación Infantil (5 anos), na que explican o que aprenderon sobre os dinosauros que escolleron para profundizar. O T-Rex e o velociraptor centraron o interese dos nenos/as. Durante este período elaboraron entre toda a clase un conto que tiña como protagonistas a dous dinosauros.

7 de xuño de 2016

DinosauRus: o brachiosauro

A videografía que fixeron os nenos/as da aula de 5º de Educación Infantil (4 anos), na que explican o que aprenderon sobre o dinosauro que escolleron para profundizar, trata neste caso sobre o brachiosauro. Tamén nos ensinan o seu libro máxico e como elaboraron o seu propio dinosauro.

5 de xuño de 2016

DinosauRus: o estegosauro

Comezamos a publicación das videografías das aulas coa dos nenos/as da clase de 4º de Educación Infantil (4º E.I.) que nos falarán sobre todo o que aprenderon sobre o estegosauro a través do P.D.I. DinosauRus.

3 de xuño de 2016

Museo DinosauRus

Hoxe presentamos a exposición "Unha viaxe ao pasado" do museo DinosauRus ás familias dos nenos/as do CEIP Canosa-Rus.

26 de maio de 2016

Actividades LIM sobre os dinosauros

O equipo de dinamización das TIC elaborou dous libros con actividades LIM sobre os dinosauros. O primeiro deles está destinado ao alumnado de Educación Infantil, e o segundo aos alumnos/as de Educación Primaria.

23 de maio de 2016

Preinaugauración do museo DinosauRus

Hoxe visitaron o centro os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco para participar nunha xornada deportiva co alumnado de 6º do noso centro. Aproveitamos a ocasión para mostrarlles o museo que se foi creando ao longo do curso, e que tamén nos servíu para realizar o ensaio xeral para inauguración oficial do día 3 de xuño.

18 de maio de 2016

Pregunta final para obter o carné de paleontólogo/a

Durante estes meses estivestes investigando para aprender máis sobre os dinosauros e superar as distintas probas que se foron expondo. Tras responder as preguntas que foron aparecendo no blogue fustes obtendo os respectivos adhesivos, que agora están pegados no voso carné de paleontólogo/a.

Inauguración do Museo DinosauRus


O próximo 3 de xuño toda a comunidade educativa está convidada á inauguración do Museo DinosauRus "Unha viaxe ao pasado". A través desta visita comprobaredes todo o que o alumnado aprendeu durante este curso sobre os dinosauros, a Terra no pasado, entre outros.

15 de abr. de 2016

Os dinosauros no tempo

Hoxe o alumnado de 5º de E.P. explicou na biblioteca aos nenos/as de 3º, 4º e 6º como realizaron a liña do tempo no centro e a versión para a web do proxecto, que pode ser consultada por toda a comunidade educativa.

23 de feb. de 2016

Exposicións de aula: aprendemos dos compañeiros/as

Durante esta semana os nenos/as das diferentes aulas están explicando as exposicións que montaron co material que trouxeron das súas casas para traballar o proxecto e que están utilizando para aprender máis sobre os dinosauros.

17 de feb. de 2016

Paleontólogos/as DinosauRus

Queres ter o carné de paleontólogo/a? Atentos a esta entrada que vos explica como conseguilo.
Desde o Equipo de Biblioteca e o Equipo de dinamización das TIC queremos que todos teñades o voso “carné de paleontólogo selado”. Para conseguilo teredes que responder a varias preguntas relacionadas cos dinosauros, e que aparecerán publicadas neste blogue. A información obterédela consultando diferentes libros da biblioteca ou procurando a información en Internet.

12 de feb. de 2016

Descubrimos os trilobites!


Hoxe visitaron o centro tres membros da Asociación Paleontolóxica Galega, visitade o seu blogue para atopar máis información. Durante a xornada Antonio, Hugo e Darío transmitiron con entusiasmo en que consiste a profesión de paleontólogo/a, os requisitos que se necesitan para desenvolvela, ademais de realizar obradoiros cos fósiles.

27 de xan. de 2016

Queremos saber máis sobre os paleontólogos

Continuamos co desenvolvemento do PDI DinosauRus, por este motivo, o próximo 12 de febreiro acudirán ao centro catro representantes da Asociación Paleontolóxica galega cos que aprenderemos máis sobre a profesión de paleontólogo. Nas charlas programadas para os diferentes cursos o alumnado poderá interactuar e solucionar as dúbidas que xurdiron neste período de investigación.

23 de nov. de 2015

Dinoconcurso: semana 3

A terceira procura que deberedes realizar terá tres partes, e teredes que achegar a vosa resposta antes do venres 5 de decembro, día no que se pechará a participación desta semana. A continuación expoñémosvos o reto.

Dinoconcurso semana 2: a solución


O tempo para contestar ás preguntas planetexadas na semana 2 do Dinoconcurso rematou o venres, ofrecémosvos a solución e as clasificacións semanais e xeral.

11 de nov. de 2015

Dinoconcurso: semana 2

Seguimos coa exploración da biblioteca. Nesta segunda semana do Dinoconcurso terás que atopar os dous libros que detallamos a continuación.

5 de nov. de 2015

Como montamos unha exposición?

Mañá venres, as mestras Laura e Cris, realizarán unha presentación ao alumnado na que ademais de aprender sobre os dinosauros tamén o farán sobre o que son os museos, a montaxe dunha exposición e sobre recorridos virtuais. Entre outros os obxectivos son que aprendan a montar a súa propia exposición, así como fomentar a investigación na visita aos museos.

Algúns dos dinosauros que aparecerán son o Triceratops, Allosaurus, Tyrannosaurus, entre outros.
Ao finalizar a sesión entregarase unha "ficha de investigación" coa que poidan lembrar e aplicar o explicado.
Abride ben os ollos! Aparecerán imaxes sorprendentes. Estades preparados para montar a exposición da vosa clase?



30 de out. de 2015

Cartel para investigar

Co seguinte cartel pretendemos axudar tanto ao alumnado, como o profesorado, a realizar a procura de información para desenvolver os traballo relacionados co PDI DinosauRus, que ,como sabedes, está dedicado aos dinosauros.

http://ceipcanosarus.edu.glogster.com/dinosaurus/

27 de out. de 2015

Comeza o Dinoconcurso: as normas

Xunto co arranque do PDI DinosauRus esta semana queremos comezar un xogo, que denominamos Dinoconcurso, no que teredes que atopar libros ou información utilizando os recursos da biblioteca. Durante as primeiras semanas tedes que demostrar que coñecedes a organización e clasificación dos libros, polo que deberedes atopar unha serie de libros, seguindo as pistas que vos iremos dando.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...