17 de feb. de 2016

Paleontólogos/as DinosauRus

Queres ter o carné de paleontólogo/a? Atentos a esta entrada que vos explica como conseguilo.
Desde o Equipo de Biblioteca e o Equipo de dinamización das TIC queremos que todos teñades o voso “carné de paleontólogo selado”. Para conseguilo teredes que responder a varias preguntas relacionadas cos dinosauros, e que aparecerán publicadas neste blogue. A información obterédela consultando diferentes libros da biblioteca ou procurando a información en Internet.
Aqueles nenos/as que queiran participar terán que recoller o seu carné de paleontólogo, sen selar, e o “Pasaporte DinosauRus” na biblioteca. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Cada dúas semanas aparecerá no blogue “Leoteca en Rus” o enunciado da pregunta que teredes que responder. Cando xa teñades a resposta escribirédela no pasaporte, citando a fonte da información, e entregarédela na biblioteca. Se é correcta entregarásevos un adhesivo, correspondente ao número da pregunta para pegala na parte de atrás do carné, xunto do pasaporte. No caso de que teña algún erro darémosvos algunha pista extra para que poidades atopar a resposta. Lembrade que os bos paleontólogos/as non teñen erros de ortografía no seu traballo.

Con todos os números cubertos cos adhesivos correspondentes completaredes a imaxe escondida, nese momento escribiredes o nome do voso primeiro descubrimento. A continuación selaremos o carné e o plastificaremos, desde ese momento seredes oficialmente Paleontólogos/as DinosauRus.
A participación é voluntaria, pode ser individual ou por parellas. O prazo para responder a calquera pregunta será ata a finalización das dúas semanas da sexta pregunta.
Ánimo! Queremos que todos/as vós teñades o carné de Paleontólogo/a DinosauRus!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...