04/02/2016

Chegou o entroido!

Mañá venres celebraremos o entroido no colexio con diversas actividades promovidas desde os diferentes equipos do centro e relacionadas con PDI DinosauRus, coordinado desde o equipo de biblioteca.

Estas son algunhas das actividades planificadas:
Desde o equipo de EACE preparouse toda a decoración do centro, con pegadas de dinosauro personalizadas polo alumnado.
O equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou os "mandatos" da nosa "Meca" (U.D. Elaborada polo EDLG do CEIP Ponte dos Brozos), que foron cumpridos polo alumnado durante toda a semana.
Desde Educación Física o alumnado de 6º E.P. creou e presentará as súas coreografías de acrosport relacionadas co proxecto.
A titora e os nenos/as de 6º de E.P. cociñaron unhas galletas de dinosauros que venderán na xornada de mañá.
O equipo de EACE planificou o desfile dos nenos e nenas cos disfraces relacionados con DinosauRus (dinosauros, paleontólogos, ovos...)
Unha xornada trepidante! Agardámosvos a todos/as!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...