Onte tivemos unha visita moi especial en Leoteca para o alumnado de 1º e 2º de EP. Estivo a escritora María Canosa. Veu a falar dos seus libros de poemas "Acuario" e "Acuario2" xa que son os libros que leron os nenos e nenas para esta ocasión. Ademais das preguntas que os rapaces/as expuseron, aproveitamos o momento tamén para facerlle unha entrevista na nosa Radio Canosa- Onda. Tamén lle asinou os libros ás nenas e nenos. Moitas grazas María de parte do CEIP Canosa- Rus.Volve pronto!
Amosando publicacións coa etiqueta escritores/as b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escritores/as b>. Amosar todas as publicacións
22 de maio de 2019
27 de mar. de 2017
Antón Cortizas na biblioteca
A través dunha iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) hoxe visitou a biblioteca o escitor galego Antón Cortizas.9 de mar. de 2016
Semana da poesía

Con motivo da proximidade do 21 de marzo, día no que se conmemora o Día Mundial da poesía, no centro decidimos que a próxima semana celebraremos a "Semana da Poesía" con diversas actividades.
Etiquetas:
biblioteca,
celebracións,
efemérides,
escritores/as,
expresión oral,
homenaxe,
poesía
9 de dec. de 2015
Recordando a Neira Vilas
![]() | |||||||
Neira Vilas no IES Manuel García Barros da Estrada
|
Etiquetas:
actualidade,
escritores/as,
homenaxe,
letras galegas
26 de nov. de 2015
Día Internacional contra a violencia de xénero.
Neste día Leoteca quérevos recomendar unhas historias moi interesantes para traballar nas aulas e nas casas. Pero tamén gustaríalle recordarvos de que todos os días son bos para respectar aos outr@s e tamén son bos para rexeitar a violencia.

Un día de treboada.
Autora: Mª Teresa Mata.

Alfombriña.
Autora: Cristina Ferreirós.
Con Alfombriña, obra ilustrada pola súa propia autora de forma moi orixinal, Cristina Ferreirós móstranos unha historia na que á súa protagonista non lle gusta que lle digan o que ten que facer, ela quere decidir por ela mesma.
Con esta selección de libros preténdese romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.
E hoxe, día 25 de novembro, a profe Vero contoulles un conto a 1º,2º e 4º de Educación Primaria na "Hora de ler". A historia é moi especial e aos nen@s encantoulles: Xela Volveuse vampira.

O meniño Nito: Entón, os homes chora ou non?
Autor: Sonia Rosa
Autor: Sonia Rosa
Os homes choran ou non choran? Ese é o dilema no que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas.
Un día de treboada.
Autora: Mª Teresa Mata.
Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.
Alfombriña.
Autora: Cristina Ferreirós.
Con Alfombriña, obra ilustrada pola súa propia autora de forma moi orixinal, Cristina Ferreirós móstranos unha historia na que á súa protagonista non lle gusta que lle digan o que ten que facer, ela quere decidir por ela mesma.
Con esta selección de libros preténdese romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.
Xela volveuse vampira.
Autora: Fina Casalderrey
Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos III Premios da Edición de Galicia. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira?
5 de out. de 2015
Ledicia Costas premio Nacional Literatura Infantil e Xuvenil
Unha autora galega, Ledicia Costas, vén de ser nomeada premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil neste ano 2015, grazas a súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta", que ademais está escrita en galego.
Parabéns Ledicia!
Parabéns Ledicia!
Etiquetas:
actualidade,
escritores/as,
novidades,
premios,
visita
31 de maio de 2015
Fran Alonso visítanos virtualmente
O próximo mércores 3 de xuño Leoteca establecerá conexión co poeta galego Fran Alonso. Esta visita será a través de internet e os nenos/as de 2º ciclo de Educación Primaria faranlle algunhas preguntas que xa estiveron preparando cos seus titores/as.
10 de maio de 2015
Celebramos o día das nosas letras
![]() |
| Fonte: wikimedia.org Licenza: CC BY-SA |
O próximo 17 de maio celébrase, como todos os anos, o día das Letras Galegas. Nesta ocasión o autor galego homenaxeado trátase de Xosé Fernando Filgueira Valverde, ademais lembraremos que hai 150 anos que se publicou o libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.
9 de abr. de 2015
Visita de Ledicia Costas
Ola nenos/as! O mércores visitounos Ledicia Costas, a autora galega que escribíu o libro Escarlatina a cociñeira defunta, que estiveron lendo os nenos/as do 3º ciclo, e que tiña como ilustrador a Víctor Rivas.
24 de feb. de 2015
Recordamos a Rosalía.
![]() |
| Fonte: www.google.es |
Hoxe celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, autora galega de gran transcendencia a nivel global con obras como "Cantares gallegos", "Follas novas", "En las orillas del Sar", entre outras. Aínda que tamén escribiu en prosa, destaca por ser unha das mellores poetisas da nosa lingua. Como mostra da súa importancia resaltamos o "Doodle" que lle dedica Google hoxe.
14 de out. de 2014
Diego Arboleda novo Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
![]() |
| Fonte: Revista Babar |
Diego Arboleda foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na actual edición do ano 2014 pola súa obra "Prohibido leer a Lewis Carroll" ilustrado por Raúl Sagospe e publicado pola editorial Anaya (2013), xa anteriormente fora premiado co Premio Lazarillo (2012), pola Fundación Cuatrogatos de Miami (2014) e mellor libro infantil 2013 para a revista Babelia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















