31 de maio de 2015

Fran Alonso visítanos virtualmente


O próximo mércores 3 de xuño Leoteca establecerá conexión co poeta galego Fran Alonso. Esta visita será a través de internet e os nenos/as de 2º ciclo de Educación Primaria faranlle algunhas preguntas que xa estiveron preparando cos seus titores/as.
Durante este curso o alumnado de 3º e 4º de E.P. estivo lendo o seu libro de poesía "O meu gato é un poeta" e seguro que moitas das preguntas estarán relacionadas coa súa obra. Na biblioteca atoparedes outros dos seus libros e na rede podedes gozar co seu último proxecto Poétic@.
Que queredes saber sobre Fran Alonso?

Deixade a vosa pregunta e nós trasladarémoslla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...