Fonte: wikimedia.org Licenza: CC BY-SA |
O próximo 17 de maio celébrase, como todos os anos, o día das Letras Galegas. Nesta ocasión o autor galego homenaxeado trátase de Xosé Fernando Filgueira Valverde, ademais lembraremos que hai 150 anos que se publicou o libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.
O venres 15 faremos unha xornada lúdica con diferentes actividades que se desenvolverán na xornada de mañá e tarde para conmemorar ás nosas Letras.
Nesta páxina do Seminario Galán podedes aprender máis sobre o autor Xosé Fernando Filgueira Valverde, con actividades adaptadas a todas as idades.
Tamén recomendamos esta páxina, que recolle diferentes proxectos sobre as Letras Galegas realizados por diversos centros educativos de Galicia.
Fonte: letrasgalegas.blogspot.com |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.