Hoxe contamos coa participación de dúas alumnas de 4º EP que lles contaron un conto ao alumnado de 1º , 2º e o resto de 4º EP. O conto foi "El pulpo mascota"; é un conto moi divertido!. Aos nenos/as encantoulles. Moitas grazas a estas compañeiras polo seu esforzo, colaboración e ilusión !
Amosando publicacións coa etiqueta hoxe lenos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta hoxe lenos b>. Amosar todas as publicacións
11 de mar. de 2020
HOXE LENOS !
A semana pasada tres alumnas de sexto de EP, Laura, Noa e Sarai, interpretaron un conto para os seus compañeiros/as de Educación Infantil. Prepararon unha dramatización moi boa do conto coeducativo "Daniela pirata". Moitas gracias a estas compañeiras por traballar tan ben e poñerlle tanta ilusión a este conto que tantos valores ten e que nos demostra que cada persoa pode ser o que soñe e o que se propoña se hai o esforzo !
26 de feb. de 2020
HOXE LENOS!
O pasado martes 18 de febreiro, en "Hoxe lenos", 3 compañeiras de 4º de EP contáronlle un conto aos nenos/as de 3º e 4º de EP. O conto foi "Medusa se ha vuelto a enfadar". Este conto ten de especial que ten realidade aumentada, é dicir, que á vez que contas o conto podes ver as imaxes na tablet e interactuar cas personaxes. Na nosa biblio, Leoteca, podemos desfrutar de moitos contos con realidade aumentada! Queremos dar as grazas a estas tres compañeiras por lernos e descubrirnos un libro tan bonito da nosa biblio!
13 de feb. de 2020
HOXE LENOS!
Onte retomamos unha actividade moi especial para o noso alumnado :" Hoxe lemos". A partir de agora, todos os martes durante a hora de ler teremos a grupos de nenas e nenos de diferentes cursos que lles contarán a outros cursos contos, historias, chistes...
Inauguramos esta actividade ca clase de 4º de EP. Nesta ocasión interpretaron o fragmento da obra que levaron ao Teatro Lido, Maruxa A Mariñeira para 5º e 6º de EP. Grazas pola vosa participación!
2 de nov. de 2019
QUEN DIXO MEDO?
Damos por finalizado a semana de medo na biblioteca. As exposicións de libros de terror, os contos que contaron os nenos e nenas a outros grupos, o deseño de pantasmas coa impresora 3D, exposicións de cabazas organizado pola ANPA, cabazas en realidade aumentada... foron as actividades que a nosa biblioteca decidiu facer para que fose un pouco máis terrorífica. Ah!! e de menú, no noso comedor escolar, houbo un xantar moi especial elexido entre os menús das mochilas viaxeiras!
E tivemos un postre moi especial!
Etiquetas:
AMAR O MAR,
animación a lectura,
comedor,
contacontos,
hoxe lenos,
IMPRESORA 3D,
robots,
samain
26 de mar. de 2019
Hoxe lenos...
24 de mar. de 2019
HOXE LENOS...
O xoves pasado catro alumnos/as de 2º de EP (Sara, Carlota, Martín e Lara) contáronlles un conto aos nenos/as de 2º, 3º e 4º de EP.
O conto titúlase “Coas mans baleiras” e móstranos o verdadeiro valor da amizade.
Moitas grazas a estes/as nenos/as por preparalo con tanta ilusión! Fixérono xenial!
20 de nov. de 2018
Hoxe lenos!
Os martes os cursos que o desexen, na hora de ler, poden preparar un conto para representarllo a outros cursos! Este martes os nenos de 3ºA interpretaron a obra O lobo no banquiño aos nenos de infantil e de 1º. O final o lobo sería inocente ou culpable?
Etiquetas:
animación á lectura,
contacontos,
hoxe lenos,
teatro
15 de mar. de 2018
NAIS E PAIS DE CONTO: WONDER
Wonder é un libro que nos recorda que todos somos únicos e que, por moi diferentes que sexamos todos somos especiais. Grazas Juan por contar este bonito conto.
11 de mar. de 2018
NAIS E PAIS DE CONTO DESDE A IGUALDADE
"Cando as nenas voan alto" é un libro que invita a reflexionar sobre os estereotipos que hai na sociedade respecto o xénero femenino. Ivana e Aldara puxéronlle voz a este conto que recorda as nenas que non leven pedras nos bolsillos e que voen libremente. Encantounos!!
Aquí vos deixamos o vídeo.
Contando lendas en Hoxe Lenos.-
Hoxe comezou a sección da biblioteca "Hoxe lenos" onde os nenos contan historias ou lendas a outros nenos do colexio. A lenda da Pedra da Arca, a do Pozo Negro e a lenda de San Andrés de Teixido foron as elixidas por tres nenas de terceiro para contarlle os cursos de quinto e sexto. Estiveron xenial!!! Se queredes saber máis sobre estas lendas ou outras podedes visitar o blogue do EDLG VENTE VINDO.
26 de mar. de 2017
Hoxe lenos...

A semana pasada os alumnos/as de 4º de EI coa axuda da súa profe Nelly, representaron para algúns compañeiros/as o conto " A que sabe a lúa?"de Michael Gregniec.
" Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela... Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: ''Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela'', díxolle ao elefante......." (www.casadellibro.com)
Os nenos /as de 3 anos o fixeron moi,moi ben e queremos darlles as gracias pola súa colaboración e as súas ganas e porque gracias a eles/as agora xa sabemos a que sabe a lúa!
Hoxe lenos...

A semana pasda, os alumnos/as de 1º A , coa axuda da súa profe Vero, representaron unha adaptación da obra "Nera, A Ferreira" de Imelda Barrio.
Esta obra de Baía Edicións trata de romper coa tendecia nos contos infantís de asignar roles esteriotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro.
" Nera naceu nun momento especial; era xusto cando o Consello de fadas se reunía para outorgar un desexo á persoa que chegase ao mundo nesa noite. Pero, cal sería o mellor desexo para conceder?"
Ao final da obra, os nenos/as cantaron un rap pola igualdade que inventaron coa colaboración da profe Vero e do profe Miguel. Moitas grazas ao alumnado de 1ºA por facer esta obra con tanto entusiasmo e dedicación.
7 de mar. de 2017
Hoxe lenos...
Nesta ocasión en hoxe lenos... sete alumnos de 5º de EP prepararon un contacontos para 1º A,1ºB e 2º de EP. Os alumnos foron: Hugo Fdz, Hugo Fa, David, Sergio L, Sergio V, Dani F e Martín. O conto elexido polos alumos foi "Un conto cheo de lobos", dos autores Roberto Aliaga & Roger Olmos , da Editorial OQO.
"Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes, lobos ananos... e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis, vermellos… Había lobos con lentes e lobos con sombreiro. Lobos que escribían cartas, lobos trampulleiros e lobos que mexaban sobre un formigueiro. O conto estaba cheo de lobos!"
Agradecemos dende Leoteca o esforzo do alumnado na preparación deste tipo de actividades e cotinuamos animando a que participen cantos máis alumnos/as e familias millor!
15 de feb. de 2017
Hoxe lenos...
Onte, na hora de ler ,houbo un contacontos cunha mensaxe moi especial por parte de tres alumnas de 5º de EP: Ana M, Sara e Eva. Estas tres nenas inventaron unha historia chamada "Clara e o seu soño" baseada no colexio e na superación persoal a través dunha montaxe con peluches e bonecos. Contaron este conto para o alumnado de 1º e 2º de EP. Gustaríanos felicitar a estas nenas e animar ao alumnado a que inventen, creen e se sintan libres para contar moitas cousiñas en Leoteca. Grazas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































