Estas dúas semanas tocoulle a mamá de Clara e Raúl contar uns contos para infantil e 1º e 2º . Como nos gustaron!! Un deles estaba relacionado coa temática de Lendario.
26 de abr. de 2018
22 de abr. de 2018
2º FASE DO RETO DE LEOTECA.
Esta semana a pregunta do reto é a seguinte.
QUE ESTÁ LENDO O ESQUELETO NA PORTADA DO LIBRO " O ESQUELETO"? Unha pista... en vermello tedes que atopar a SIGNATURA 82-34 LLU esq. Moito ánimo e a buscar!!
16 de abr. de 2018
O RETO DE LEOTECA
Boas, este ano Leoteca quere comprobar se sabemos desenvolverse no seu blogue e na biblioteca, para iso vaivos propoñer neste trimestre unha serie de preguntas. A POLA PRIMEIRA:
CANTOS ICONOS DIFERENTES HAI PARA CATALOGAR OS ICONOS DE INFANTIL?
Tedes ata o 19 de abril para contestar e meter o carnet na caixa do reto de Leoteca.
CANTOS ICONOS DIFERENTES HAI PARA CATALOGAR OS ICONOS DE INFANTIL?
Tedes ata o 19 de abril para contestar e meter o carnet na caixa do reto de Leoteca.
14 de abr. de 2018
Homenaxe a Manuel María
Este ano homenaxeouse desde a Casa Museo de Manuel María o 50 aniversario da primeira edición do libro Os soños na gaiola. O acto tivo lugar no Pazo da Cultura de Carballo e participaron distintos centros. Os nosos nenos de 3º e 5º, puxeron o seu graíño de area, recitando os seus poemas, ilustrándoos e ata elaborando algúns carros.
Canción Galiza- Suso Vaamonde
13 de abr. de 2018
Intercambio de experiencias co CPI Alcalde Xosé Pichel
A finais do mes de marzo o alumnado de 6º de EP do noso centro compartiu unha xornada moi especial co alumnado de 6º de EP do CPI Acalde Xosé Pichel. Esta actividade estivo dividida en dúas partes: a primeira parte foi un encontro deportivo no que os nenos e nenas puideron participar de diferentes xogos. A segunda parte consistiu nunha visita a súa biblioteca. Explicáronnos un pouquiño o funcionamento da mesma e representaron un contacontos moi divertido para nós!
Queremos agradecer ás nenas e nenos do CPI Alcalde Xosé Pichel a súa invitación e o gran acollemento que nos fixeron . Como xa sabedes estades convidados neste terceiro trimestre a vir ao noso centro para levar a cabo outro intercambio deportivo e para coñecer Leoteca. Tamén teremos preparada algunha sorpresiña!
Queremos agradecer ás nenas e nenos do CPI Alcalde Xosé Pichel a súa invitación e o gran acollemento que nos fixeron . Como xa sabedes estades convidados neste terceiro trimestre a vir ao noso centro para levar a cabo outro intercambio deportivo e para coñecer Leoteca. Tamén teremos preparada algunha sorpresiña!
No seguinte vídeo está reflexada a xornada, ata proto!
11 de abr. de 2018
VAI DE ESCORNABOT
Leoteca está encantada porque ten novos paneis de escornabot para xogar. Mari , mestra de 3 anos, e Elena, mestra de inglés, realizaron uns paneis fantásticos. Este panel foi feito integramente por alumnos voluntarios de 5º e 6º. Ademais, fixeron unha videoconferencia con Barrionovo, e compartiron os seus materiais.
No primeiro tes que coller unha carta da baralla e levar o escornabot ata esa personaxe mitolóxica.
No seguinte vídeo algunhas nenas de 6º explican aos nenos de Barrionovo como o escornabot pode saír do laberinto.
Os nenos de 3º tamén realizaron un taboleiro escornabot onde tiñan que levar a personaxe mitolóxica ao seu fogar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)