30 de xan. de 2015

Tres contos para Infantil

Hoxe visitáronnos Patri e Álex para contarnos uns contos, cortesía da editorial Kalandraka. Os nenos/as de Educación Infantil aprenderon como vencer os medos a través do libro Sacapenas, tamén nos ensinaron algo de cociña e a non ser tan lambóns co conto de Tío Lobo, por último repasamos os números  coa canción e o libro do mesmo nome Once damas atrevidas. Ao final obsequiaron a cada clase cun sacapenas para cando teñamos medo.
A continuación deixámosvos unha presentación con algúns momentos da xornada.

Explorando o Universo

Ola nenos/as, como xa sabedes estiven viaxando polo Universo, e sigo facendo algunha pequena saída, e nestas viaxes coñecín innumerables planetas, satélites, constelacións,... pero tamén me deu tempo a ler moitos libros que pedín prestados na Leoteca. Por este motivo gustaríame presentarvos un xogo no que poden participar os nenos/as de Educación Primaria e que consistirá en que cada semana aparecerá neste blogue unha imaxe dun libro que está na nosa biblioteca e dúas preguntas referidas a dita imaxe. En realidade aparecerán dúas imaxes, unha para o 1º ciclo e outra para o 2º ciclo de E.P.

29 de xan. de 2015

DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO

Feliz día da Paz!
O 30 de xaneiro de cada ano celébrase o día da Paz,  día que debemos ter presente todo o ano. Este ano gustaríanos mencionar á rapaza que foi Premio Nobel da Paz, MalalaYousafzai, xa que é un exemplo de valentía e fortaleza para tod@s. Defende o dereito á educación para os nen@s por enrima de toas as cousas, utilizando sempre o respeto e a palabra, nun entorno moi complicado, pero ela non se rinde, e aos seus 17 anos é unha loitadora. Grazas Malala!

"Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo"
Malala Yousafzai
Para celebralo deixamos uns vídeos e contos sobre o respeto, a empatía e a paz. Esperamos que vos gusten moito os seguintes vídeos, e disfrutade moito este día e todos!

Pica enriba de cada enlace!

28 de xan. de 2015

Sesión de contos con música para Educación Infantil

Ola a todos e todas!

O vindeiro venres 30 de xaneiro Leoteca ten unha sorpresa moi especial:os nenos e nenas de Educación Infantil, a 3º hora da mañá, disfrutarán dunha sesión de contos musical na biblioteca do centro. Esta sesión de contos será da man da editorial Kalandraka.

O libro Sacapenas será o punto de partida da actividade. Bieito, o seu protagonista, guiará a sesión e nos convidará a achegarnos a outras historias divertidas e emocionantes.

Se queredes saber máis sobre este libro, pincha nesta imaxe.





26 de xan. de 2015

3º investiga e comparte

Os nenos/as de 3º curso e o seu titor Miguel investigaron sobre o sistema solar e preguntaron ao astrónomo que nos visitou numerosas cuestións sobre el.

A continuación vos presentamos un vídeo sobre o movemento do sistema solar que atoparon na súa investigación, tamén incorporamos referencias e sitios web onde ampliar a información.

Exposición do PDI "Rus entre planetas"

Extraído e modificado de "El principito" de A. de Saint-Exupéry. Licenza DP.

14 de xan. de 2015

Lewis Carroll e máis novidades

Hoxe conmemórase a morte de Charles Lutwidge Dogson, máis coñecido como Lewis Carroll, matemático e escritor, coñecido principalmente por dúas das súas obras "Alicia no país das marabillas" e "Alicia a través do espello".
Aproveitamos a ocasión para presentarvos algunha das novidades presentes na biblioteca e relacionado con este autor temos a obra premiada no 2014, e comentada neste blogue, "Prohibido ler a Lewis Carroll" de Diego Arboleda e Raúl Sagospe como ilustrador.

13 de xan. de 2015

Astronomía na biblioteca

Telescope by Rinotova
Openclipart Licenza DP
Ola nenos e nenas, da última viaxe que fixen polos confíns do Universo trouxen comigo a un amigo que é astrónomo, que se chama Pedro Pablo Campo. Actualmente traballa no Observatorio Astronómico Ramón María Aller, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, e acudirá á nosa biblioteca o próximo mércores 14 de xaneiro para axudarnos a coñecer máis sobre o noso sistema solar e sobre a que se dedican os astrónomos/as, tamén poderedes facerlle preguntas sobre as dúbidas que vos xurdiron durante a investigación que estivemos realizando, e outras curiosidades que teñades sobre o tema.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...