Hoxe conmemórase a morte de Charles Lutwidge Dogson, máis coñecido como Lewis Carroll, matemático e escritor, coñecido principalmente por dúas das súas obras "Alicia no país das marabillas" e "Alicia a través do espello".
Aproveitamos a ocasión para presentarvos algunha das novidades presentes na biblioteca e relacionado con este autor temos a obra premiada no 2014, e comentada neste blogue, "Prohibido ler a Lewis Carroll" de Diego Arboleda e Raúl Sagospe como ilustrador.
Ademais destes dous autores dispoñemos de outros tre marabillosos libros como son:
- "Mil millóns de tuberías" e "Aventuras en espiral (Mil millones de tuberías 2)", onde se nos conta as aventuras do pequeno M, o rey Flaco ou os "barbudos" da Resistencia, sen olvidarnos do malvado Carpio, e outras moitas personaxes que nos farán rir coas súas andanzas.
- "Papeis engurrados", no balneario de Melancólicos dous irmáns, Xaime e Greta, a través dos contos coñecerán un pouco máis a súa familia e tamén a uns personaxes un tanto estraños e divertidos que irán aparecendo ao longo da historia.
Agardamos que disfrutedes destas obras literarias, tanto as de Lewis Carroll como as de Diego Arboleda. Deixámosvos cun vídeo da película animada "Alicia no país das marabillas", agardamosvos na Biblioteca con moitas máis novidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.