Durante esta semana estivemos realizando diferentes actividades na biblioteca para celebrar que o 23 de abril celébrase o Día do libro. Deste xeito realizáronse cos diferentes cursos de Educación Primaria talleres de creación de marcapáxinas, os nenos e nenas de Educación Infantil tamén participaron. Nos recreos todo o alumnado puido deixar, no mural dos libros, as súas lecturas preferidas
24 de abr. de 2015
22 de abr. de 2015
21 de abr. de 2015
14 de abr. de 2015
Concurso Interestelar na semana do día do libro
Fonte: Pixabay Licenza CC0 PD |
Ola nenos/as! A próxima semana celébrase o día do libro, xoves 23 de abril, con este motivo aproveitaremos para entregar os premios do concurso Interestelar que se celebrou durante as pasadas semanas.
10 de abr. de 2015
Encontro virtual "O monte é a nosa vida"
O pasado 18 de marzo os nenos/as de 3º ciclo de Educación Primaria participaron na Biblioteca dun encontro virtual con motivo da Xornada Día da árbore (Confemadera). Durante a conferencia falouse sobre a importancia das árbores na nosa vida diaria, os bosques do mundo e a súa importancia, ademais do problema dos incendios. Ao finalizar a charla abriuse un tempo de preguntas no que os alumnos/as puideron solventar as súas dúbidas cos relatores.
A continuación deixámosvos a videoconferencia completa.
Que vos pareceu esta iniciativa? Tedes algunha outra dúbida relacionada coa charla?
9 de abr. de 2015
Visita de Ledicia Costas
Ola nenos/as! O mércores visitounos Ledicia Costas, a autora galega que escribíu o libro Escarlatina a cociñeira defunta, que estiveron lendo os nenos/as do 3º ciclo, e que tiña como ilustrador a Víctor Rivas.
7 de abr. de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)