22/04/2015

A pataca que amaba a Lúa



Ola nenos/as! Como ben sabedes,  o concello de Coristanco é coñecido como A terra da pataca, e así llo queremos facer saber a todos os alumnos/as implicados no PDI Rus entre planetas.

Por este motivo, o pasado mes de marzo un membro do Consello Regulador da I.X.P. Pataca de Galicia , veu dar unas charlas que teñen o obxectivo de dar a coñecer ao alumnado do noso centro A PATACA, o consumo responsable, os produtos locais producidos con calidade e respecto polo medio ambiente,...
Tamén nos falaron da inflluencia da Lúa no seu cultivo, e en xeral na agricultura. Deste xeito veremos o influxo que ten o espazo na nosa vida diaria, en concreto cos produtos do campo.
Aproveitando que o PDI: Rus entre Planetas está próximo a rematar, que menos que estudar a Lúa!. Os nenos/as recompilaron información sobre como inflúe nos cultivos, nas mareas, no estado de ánimo, na matanza dos animais,…
Ao finalizar a charla o relator, e despois de todo o aprendido, agasallou a cada neno/a cunha bolsa de patacas fritas e un libro dos Bolechas relacionado co tema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...