Amosando publicacións coa etiqueta concurso b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concurso b>. Amosar todas as publicacións
24 de maio de 2018
A POLO ÚLTIMO RETO!!!!!
Noraboa aos que seguides acertando os retos que vos propoño!!!! Hai xente que xa abandonou, pero TODOS os que sigades ata o final e acertedes a última pregunta teredes un agasallo. Asi que moito ánimo e sorte para esta pregunta final, que é a máis difícil. Cantos fillos se di que ten Hércules? A sinatura do libro é 82N GOM tra. Ánimo e a pola derradeira!!!
14 de maio de 2018
RECTA FINAL DO RETO DE LEOTECA!!!
Noraboa a todos os que seguides contestando aos retos! Estádelo facendo moi ben, así que moito ánimo, porque xa queda pouco. A pregunya desta semana é a seguinte:
Que quería facer Ladislau na consulta do dentista? Buscade a resposta no libro
82-34
LLU
vam
Como está semana o xoves é festivo, deixámovos ata o martes 22 para contestar. Moito ánimo e sorte.
22 de abr. de 2018
2º FASE DO RETO DE LEOTECA.
Esta semana a pregunta do reto é a seguinte.
QUE ESTÁ LENDO O ESQUELETO NA PORTADA DO LIBRO " O ESQUELETO"? Unha pista... en vermello tedes que atopar a SIGNATURA 82-34 LLU esq. Moito ánimo e a buscar!!
16 de abr. de 2018
O RETO DE LEOTECA
Boas, este ano Leoteca quere comprobar se sabemos desenvolverse no seu blogue e na biblioteca, para iso vaivos propoñer neste trimestre unha serie de preguntas. A POLA PRIMEIRA:
CANTOS ICONOS DIFERENTES HAI PARA CATALOGAR OS ICONOS DE INFANTIL?
Tedes ata o 19 de abril para contestar e meter o carnet na caixa do reto de Leoteca.
CANTOS ICONOS DIFERENTES HAI PARA CATALOGAR OS ICONOS DE INFANTIL?
Tedes ata o 19 de abril para contestar e meter o carnet na caixa do reto de Leoteca.
16 de mar. de 2018
OS ESCORNABOTS NUN CONCURSO DA ONCE!
Os alumnos/as de 6º de primaria, na materia de valores sociais e cívicos participaron no 34 Concurso da ONCE: "Reinvetemos xunt@s unha escola para tod@s". O obxectivo era elaborar un cartel para traballar a inclusión na escola de todo o alumnado. Est@s sete alumn@s decidiron elaborar un taboeiro de escornabot a modo de cartel no que crearon un xogo con palabras relacionadas coa igualdade. A continuación podedes ver unha explicación de dúas das alumnas que formaron parte deste traballo. Dentro duns días o taboleiro estará dispoñible para xogar no recuncho de "Feito con xeito" da nosa Leoteca.Dentro duns días tamén colgaremos no noso canal de "Canosa Onda" uha entrevista ao alumnado participante . Esperamos que tod@s sigamos disfrutando moito cos escornabots.20 de feb. de 2017
Queremos saber!
Etiquetas:
audioteca,
biblioteca,
cine,
concurso,
De espectadores a protagonistas,
información,
música,
vídeo
25 de xan. de 2017
As detectives sacan as lupas
Etiquetas:
biblioteca,
cine,
concurso,
De espectadores a protagonistas,
TIC
22 de xan. de 2017
Leoteca busca expertos
Etiquetas:
biblioteca,
cine,
concurso,
De espectadores a protagonistas
31 de maio de 2016
Paleontólogas DinosauRus
26 de maio de 2016
Entrega de premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo.
O pasado venres 20 de maio, tivo lugar a entrega dos premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo no concello de Coristanco. O acto contou coa presenza da propia Asunción, que pasou un bo rato cos premiados/as e co alcalde e a concelleira de Cultura.
Neste Certame participaron todos os centros educativos de Coristanco e as modalidades literarias foron: narrativa, banda deseñada , poesía, cómic e monográfico.
Parabéns a todos e todas os premiad@s e ao alumnado que participou cos seus traballos!
Para ver a nova no xornal, picade enriba
2 de maio de 2016
Só faltan dous adhesivos!
Achégase a entrega dos carnés de paelontólogos/as para os que teñan todos os adhesivos. Nesta ocasión podedes obter o número 5, que é o penúltimo.
Etiquetas:
biblioteca,
concurso,
DinosauRus,
paleontoloxía
11 de abr. de 2016
A polo adhesivo 4!
29 de mar. de 2016
Paleontólogos DinosauRus
Nova etapa do "pasaporte DinosauRus". Se respondedes ás seguintes preguntas conseguiredes o adhesivo 3 do voso carnet e, se conseguistes os anteriores, xa teredes a metade do voso carné de paleontólogo/a acadado.
Etiquetas:
biblioteca,
concurso,
DinosauRus,
paleontoloxía
7 de mar. de 2016
Carné paleontólogo DinosauRus
Esta é a segunda pregunta que teredes que responder no pasaporte DinosauRus para obter o adhesivo nº2.
O libro que hai que localizar ten esta signatura:
59
JEF
est
Etiquetas:
biblioteca,
concurso,
DinosauRus,
paleontoloxía
19 de feb. de 2016
Futuros paleontólogos/as, estades preparados?
Etiquetas:
biblioteca,
concurso,
DinosauRus,
paleontoloxía
17 de feb. de 2016
Paleontólogos/as DinosauRus
Desde o Equipo de Biblioteca e o Equipo de dinamización das TIC queremos que todos teñades o voso “carné de paleontólogo selado”. Para conseguilo teredes que responder a varias preguntas relacionadas cos dinosauros, e que aparecerán publicadas neste blogue. A información obterédela consultando diferentes libros da biblioteca ou procurando a información en Internet.
Etiquetas:
biblioteca,
concurso,
dinosauros,
DinosauRus,
paleontoloxía
18 de dec. de 2015
Despedimos o ano
A biblioteca pechou o ano coa entrega de premios do Dinoconcurso, dentro do PDI DinosauRus. O venres terá lugar o espectáculo "Dinsons", que representarán os nenos/as do centro. Queremos felicitar a toda a comunidade educativa estas festas e comezar o próximo ano 2016 con novas lecturas e actividades na biblioteca.
FELICES FESTAS!
Etiquetas:
biblioteca,
concurso,
Dinoconcurso,
DinosauRus
17 de dec. de 2015
Solución Dinoconcurso: semana 4
Neste último período tiñades que consultar o libro ¿Y si un estegosaurio...? e atopar a información que vos axudase a responder ás preguntas planteadas.
Hoxe entregaremos os premios aos tres primeiros/as clasificados tras estas catro procuras, ademais aprendistes a atopar libros na biblioteca, a citar as fontes consultadas e a atopar unha información determinada nun libro.
Hoxe entregaremos os premios aos tres primeiros/as clasificados tras estas catro procuras, ademais aprendistes a atopar libros na biblioteca, a citar as fontes consultadas e a atopar unha información determinada nun libro.
9 de dec. de 2015
Dinoconcurso: semana 4
Estamos a piques de rematar esta fase do concurso, e todo pode pasar, aínda podedes quedar entre os tres primeiros que recibirán un agasallo pola súa participación.
Solución Dinoconcurso: semana 3
Nesta semana (e pico) tiñades que procurar unha información nun libro da exposición e logo trasladala nun comentario, citando a fonte da que obtiverades estes datos.
Ten moita importancia citar as fontes das que se extraen imaxes, texto ou outro tipo de información. Debemos ser éticos e responsables, polo tanto recoñecer o labor e o traballo do autor/a. Nesta semana aprendistes a citar un libro ou monografía: primeiro citaredes o autor/a, a continuación o título da obra, seguidamente a editorial e o lugar no que se editou e, por último, o ano desta edición.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












