27 de out. de 2019
SALVANDO A AQUAMAN.-
Os nenos de quinto están a resolver unha serie de pistas para salvar a AQUAMAN, o heroe do mar. O segundo reto era buscar palabras que definan o mar, deseñalas en TINKERDCARD, convencer a uns nenos para axudarlle a decoralas e subilas a rede. Aquí esta a proba de que o reto esta superado.
Etiquetas:
aquaman,
Radio na biblio,
ROBOT,
robots
365 DÍAS DE BIBLIOTECA.
Facer esta entrada supón reflexionar sobre as bibliotecas. Nós non celebramos o día da biblioteca en si posto que sempre hai actividadades novidosas na biblioteca: contacontos de familias, o comezo do PDI " Amar o Mar", sesións simultáneas e actividades internivel na biblioteca, sesións de cine, teatro lido e gravacións na radio nosa e en radio Voz, novidades de libros, recomendacións lectoras, investigación , manipulación no noso espazo Feito con Xeito... Aínda así podemos recalcar un puñado de actividades:
- Lecturas de obras de teatro en RADIO VOZ. ( a meirande parte relacionadas co PDI Amar o Mar).
- Apertura do noso Feito con Xeito. Este ano os recunchos levan nomes de océanicas. Os pícaros e pícaras fixeron actividades como: montar un cubo, un tiburón, xogar a distintos xogos de mesa, montar circuitos eléctricos...
-
- Os nenos de infantil acudiron a biblioteca Rego da Balsa para desfrutar duns contos máis que divertidos.
Etiquetas:
24 de outubro,
AMAR O MAR,
Radio na biblio,
radio voz,
ROBOT,
robots
16 de out. de 2019
Saída do PDI Amar o Mar
Boas !
Hoxe os nenos/as de 3ºA, 3º B e 4º de EP puideron desfrutar dunha saída relacionada co PDI Amar o mar. Foron aos seguintes lugares:
E contamos ca compañía de Evaristo, un mestre que coñece moi ben toda esta zona e explicounos cousas moi interesantes e ao que lle queremos agradecer a súa compañía no día de hoxe.
Tamén gustaríanos agradecer ao colexio de Razo a súa hospitalidade, xa que puidemos comer no seu pavillón. Foi un día moi especial no que comezamos a nosa andanza polo mundo do mar. Podedes ver un pequeno vídeo a continuación.
1 de out. de 2019
COMEZA AMAR O MAR
Hoxe chegou as aulas, non sabemos como, unha rede cos obxectos realacionados co mar, un conto retransmitido pola nosa canle LEORUS e unha carta de Leoteca invitando a investigar. Estamos desexar o que queren aprender os nenos sobre o PDI.
CARTA DE LEOTECA AMAR O MAR
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)