Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións

13 de nov. de 2018

O séptimo arte chega biblioteca.



E se chove,  que chova... aos nenos do colexio non lle importa. Desde hai uns días dispoñemos na biblioteca dunha pantalla que nos permite ver películas como se estiveramos no cine.Aproveitando o mal tempo decidimos desfrutar da película de Padigton.


6 de xuño de 2017

Gala de entrega de premios

Hoxe celebrouse a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores no Pazo da Cultura de Carballo. Os nenos/as foron os protagonistas da xornada compartindo o seu traballo con alumnado doutros centros e de distintas idades.
Desenvolveron as tarefas necesarias para que todo funcionase correctamente como foi a de acomodadores, realizadores, cámaras, presentación, actuacións, exposicións, coordinación e dirección, o traballo previo está á vosa disposición no blogue do festival. Na retransmisión podedes recuperar algúns destes momentos.

26 de maio de 2017

Finalistas do Festival dos Soñadores

Estamos chegando á recta final do PDI De espectadores a protagonistas. Cumprindo cos prazos establecidos nas bases vense de publicar o listado das curtas finalistas do Festival dos Soñadores no blogue do concurso.
Grazas a todos os nenos/as e aos centros educativos pola súa participación.
Sorte aos finalistas!

28 de abr. de 2017

Coidado coas ondas!

Nesta ocasión presentámosvos a curta de animación "Piper" producida por Pixar e dirixida por Allan Barillaro. Na edición 2016 dos Oscar foi premiada á mellor curtametraxe de animación.

24 de mar. de 2017

Levantado!

Este venres no recreo proxectarase a curta de Pixar "Lifted. Failure is an option" do ano 2006 e que foi nominada a mellor curta de animación na edición de 2006 dos Oscar.

15 de mar. de 2017

Creatividade en grupo

Hoxe na biblioteca desenvolveuse un obradoiro no que participaron os nenos/as da aula de 5ºE.I., xunto coa súa titora Alba,  e 8 nenos/as de 6º de E.P. A actividade consistíu en que os grupos, formados por alumnos/as de ambos cursos, tiñan que consensuar un deseño cos materiais dos que dispoñían para logo tentalo poñer en práctica co material da zona "Faino ti mesmo" que tiñan.
Queremos agradecer a Rosa Piquín a súa axuda por compartir e ensinarnos esta actividade

10 de mar. de 2017

Cordas que unen

Na sesión de hoxe dos "Venres son curt@s" presentamos unha curta premiada nos Goya de 2014 que representa os valores propios da amizade. "Cuerdas" é unha curta escrita e dirixida por Pedro Solís, musicada por Víctor Peral e producida por Nicolás Matji.

4 de mar. de 2017

Premios Mestre Mateo

https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/premios-mestre-mateo/
Hoxe en Palexco (A Coruña) celébrase a Gala de entrega dos premios Mestre Mateo que presentará Iolanda Muiños e retransmitirá a TVG a partir das 22h.

3 de mar. de 2017

A caixa dos monstros

Tralo Entroido retomamos as sesións dos Venres son curtas cunha obra titulada "Monsterbox" de nacionalidade francesa, dirixida por Ludovic Gavillet e con música de Erwann Chandon.

26 de feb. de 2017

The Oscars

Vía Pixabay Licenza CC DP
O domingo 26 de febreiro celébrase a gala de entrega dos premios Oscar de cine na cidade de Os Ánxeles (California), na que se entregarán os galardóns aos premiados nas diferentes categorías.

22 de feb. de 2017

Olloboi por dentro

Vía Olloboi Licenza CC
O próximo venres 3 de marzo ás 12h. realizaremos unha videoconferencia con Óscar Núñez Aguado, membro do equipo que organiza o Festival Olloboi, na que nos explicará os pasos necesarios para a creación dos equipos e as tarefas que deberá desenvolver cada grupo para acadar o noso produto final: un Festival de cine.

21 de feb. de 2017

Semana das profesións do cine

Vía Turismo de Carballo: http://www.turismocarballo.com/
O próximo 6 de marzo visitará a biblioteca o actor galego Artur Trillo. Nesta xornada coñeceremos o traballo que desenvolve nas gravacións audiovisuais, que formación é necesaria, entre outros aspectos.
Queremos agradecer a Artur o seu interese por participar nesta semana das profesións, así como ao Concello de Carballo por facilitarnos o seu contacto.

20 de feb. de 2017

Queremos saber!

No panel da audioteca apareceron unhas imaxes cos retratos de varias personaxes relacionadas co mundo da música, pero tamén co cine. Queriamos saber por que apareceron alí, ademais de coñecer quen son eses músicos e actores.

17 de feb. de 2017

Sons detrás da pantalla

Compartimos este documental de Great Big Story, que nos chegou vía microsiervos, no que se explica como se realizan os efectos de sala dunha película. Alyson Moore, Chris Moriana e Mary Jo Lang explican como crean nun estudio o son ambiente das películas e a razón de que se lles chame artistas de foley.

O valor da liberdade

No recreo de hoxe na biblioteca proxectarase a curtametraxe de 2005 "Wei xiao der yu (A Fish with a Smile)" do director taiwanés , a música está composta por Chien-Ci Chen. Atopámonos novamente coa íntima relación entre o cine e a literatura, xa que a historia está baseada no libro de Jimmy Liao "El pez que sonreía". Esta curta foi premiada no Festival Internacional de cine de Berlín.

13 de feb. de 2017

Aprendemos con Luz Beloso e o seu alumnado

Hoxe contactamos co IES As Barxas (Moaña) para que o alumnado e a propia Luz Beloso nos contasen a súa experiencia traballando no eido audiovisual desde un centro educativo público. A través de Hangouts Lucía, Xabi, Sira, Noe, Isa, Nerea, Natalia, Claudia e a propia Luz ensináronnos e aconselláronnos sobre os aspectos básicos para producir distintas obras audiovisuais.
Estes coñecementos servirannos para seguir progresando no PDI "De espectadores a protagonistas". Ao final da entrada publicaremos o vídeo ao completo.
Agradecemos encarecidamente a colaboración desinteresada, que mesmo ocopou a súa hora para comer. Grazas e noraboa polo voso traballo!

Sexamos espectadores críticos!

Vía @xavier_torrens
Cando vemos unha película, curtametraxe ou calquera outra obra audiovisual... sabemos lelas, comprendemos as mensaxes que subxacen delas?
Que pensades sobre esta imaxe?

10 de feb. de 2017

Moving on

Este venres traemos un vídeo musical do ano 2014 realizado coa técnica stop motion polo polifacético Ainslie Henderson, gañador do premio BAFTA á mellor curta de animación no ano 2013 por The making of longbird, que serviu de vídeo musical para a banda británica James.

8 de feb. de 2017

Encontro virtual co alumnado de Luz Beloso no IES As Barxas

BY Educortos Licenza CC BY-NC-SA
O próximo luns 13 de febreiro ás 14:40h. estableceremos conexión co IES As Barxas. Neste encontro virtual o alumnado de diversos cursos da profesora de plástica Luz Beloso contaranos a súa experiencia no mundo audiovisual con "Cangarexo Films" ás aulas de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e  5º de Educación Infantil.

6 de feb. de 2017

Compartimos aprendizaxes

Durante esta semana as diferentes aulas do centro explicarán ao resto do alumnado as exposicións que montaron co material relacionado co cine achegado polas familias e polos diferentes documentos froito das investigacións que realizaron durante o primeiro trimestre dentro do PDI "De espectadores a protagonistas".
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...