8 de feb. de 2017

Encontro virtual co alumnado de Luz Beloso no IES As Barxas

BY Educortos Licenza CC BY-NC-SA
O próximo luns 13 de febreiro ás 14:40h. estableceremos conexión co IES As Barxas. Neste encontro virtual o alumnado de diversos cursos da profesora de plástica Luz Beloso contaranos a súa experiencia no mundo audiovisual con "Cangarexo Films" ás aulas de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e  5º de Educación Infantil.
A profesora Luz Beloso é licenciada en Belas Artes, destacando como ilustradora de diversas historias, entre elas O valente coello que quixo soñar de Miguel A. Alonso Diz. No ámbito educativo vén realizando diversos proxectos audiovisuais co seu alumnado, cos que obtiveron distintos premios e mencións. O seu afán por divulgar tamén inclúe varias páxinas nas que existen titoriais para realizar as curtametraxes de animación. Actualmente coordina, xunto a Juan Carlos de Miguel, o proxecto educativo "Contamos con Emotion", colaborando diferentes mestres/as e profesores/as de distintos lugares do mundo.
O alumnado poderá solventar as súas dúbidas durante este encontro adicado principalmente ao cine de animación. O vídeo estará publicado no canle Youtube do centro para aquelas aulas o alumnos/as que queiran lembrar estas experiencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...