4 de feb. de 2017

Premios Goya

Hoxe en Madrid celébrase a Gala da 31 edición dos Premios Goya na que se premiarán diferentes categorías do cine español. Observando estas categorías que reciben galardón comprobaredes as diferentes profesións que participan na elaboración dunha película ou curtametraxe.

Queremos destacar as películas e curtametraxes de animación, como "Ozzy" (recomendada para a infancia), "Teresa y Tim" (recomendada para a infancia), "Darrel" (recomendada para todos os públicos), "Portrait of a wind-up maker" (recomendada para todos os públicos), "Made in Spain" (recomendada para todos os públicos), "Uka" (recomendada para todos os públicos), entre outras.
Animámosvos a observar a organización que require a celebración desta gala e todo o traballo previo que supón a organización do acto, como, por exemplo, a elaboración das bases que rexerán a participación das diferentes películas.
Vós vistes algunha destas películas?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...