21 de feb. de 2017

Semana das profesións do cine

Vía Turismo de Carballo: http://www.turismocarballo.com/
O próximo 6 de marzo visitará a biblioteca o actor galego Artur Trillo. Nesta xornada coñeceremos o traballo que desenvolve nas gravacións audiovisuais, que formación é necesaria, entre outros aspectos.
Queremos agradecer a Artur o seu interese por participar nesta semana das profesións, así como ao Concello de Carballo por facilitarnos o seu contacto.
Artur Trillo desenvolve profesionalmente o seu labor no mundo do teatro como actor e director, polo que aproveitará para relacionar ambos ámbitos.
Podedes comezar a preparar a visita debatendo en clase e expondo as dúbidas que teñades para trasladalas ao noso convidado durante a xornada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...