Durante esta semana tivemos tres sesións de contacontos, xa que aos días habituais de "Hoxe lenos..." e "Nais e pais de conto", engadimos o luns outra sesión de contos representados polas familias. Queremos agradecer e felicitar a todas as familias que están a participar nesta edición de "Nais e pais de conto", por axudarnos a fomentar a lectura entre o alumnado do centro. Tamén aproveitamos a ocasión para felicitar aos nenos/as, así como aos seus titores/as, polas obras que están representando os martes en "Hoxe lenos..."
30 de nov. de 2016
Retratos robot
O pasado 24 de outubro, coincidindo coa apertura de biblioteca e como punto de inicio do PDI De espectadores a protagonistas, os nenos/as de Educación Infantil participaron nun obradoiro no que tiñan que elaborar un retrato compoñendo unha cara con anacos dos rostros de diferentes actores e actrices.
Etiquetas:
De espectadores a protagonistas,
obradoiro,
vídeo
25 de nov. de 2016
Dobre sesión de cine
Hoxe, como xa comentamos na anterior entrada, é 25-N Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Por este motivo, como todos os venres, programamos "Os venres son curt@s", pero nesta ocasión agárdanvos dúas proxeccións.
24 de nov. de 2016
25 N: Día internacional contra a violencia de xénero.
O día 25 de novembro de cada ano celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Para conmemorar esta data , dende Leoteca queremos recomendarvos unhas lecturas tanto en galego como en castelán cas que podemos traballar o tema da coeducación e a igualdade. Os nenos/as de 5º de EP elaboraron un mural para expoñer os libros seleccionados.
Ademáis mañá na hora de ler cotaremos contos temáticos en Leoteca.
Recomendación de Leoteca:
Título : O país dos mandóns.
Editorial: Ediciones Embora, Coruña 2010
Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países: o país do revés, o país das chuches, o país da música...e no país dos Mandóns. O seu paso por este país coincidiu cun gran cambio; grazas a Clara, ese lugar feo e triste , coverteuse nun lugar boito e feliz. Dende entón coñécese como O País da Igualdade.
Autoras : Adela Turin e Nella Bosnia
Editorial : Kalandraka
Esta é unha historia fabulada que reivindica rol femenino na sociedade, combate os esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda necesítanse obras sobre de coeducación e igualdade.
Ademáis podedes ver no seguinte enlace unha historia diferente sobre cenicienta.
"La cenicienta que no quería comer perdices"
(Picade enriba da imaxe)
23 de nov. de 2016
O fogar de Leoteca
Contos en familia
A biblioteca acolleu, dentro da actividade de "Hoxe lenos", aos nenos/as de 1º de E.P. representando unha adaptación de "Xela volveuse vampira", unha obra que resultou finalista na edición deste ano do concurso escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Os nenos/as de 2º e 3º de Educación Primaria escoitaron e desfrutaron desta aclamada obra.
Etiquetas:
biblioteca,
contacontos,
hoxe lenos,
nais e pais de conto
20 de nov. de 2016
Recomendación de lectura no mes da ciencia
Como xa sabedes,durante o mes de novembro a nosa Leoteca e as bibliotecas escolares celebran o mes das ciencias. Dende Leoteca querémoslle facer un guiño as mulleres científicas, centrándonos na vida de Marie Curie. A través do libro Marie Curie da editorial Alba coñeceremos a súa vida e os alumnos/as de 1º e 2º de EP farán unha dramatización para todo o colexio, un martes , dentro do programa "Hoxe Lenos".
Autora: Sánchez Vegara, Mª Isabel-Frau Isa
Editorial : Alba
"Marie Curie foi a primeira muller Doctora en Ciencias e profesora na Uiversidade de París, ademais e a primeira persoa na historia en recibir dous premios Nobel. Descubriu o radio e o polonio e desarrollou a teoría da radioactividade polo que está considerada a muller máis inspiradora da ciencia moderna."
18 de nov. de 2016
14 de nov. de 2016
Cantos contos!
Etiquetas:
contacontos,
hora de ler,
hoxe lenos,
nais e pais de conto
11 de nov. de 2016
8 de nov. de 2016
7 de nov. de 2016
Que comece a función!
Etiquetas:
biblioteca,
cine,
De espectadores a protagonistas,
investigación,
PDI,
recursos
Novembro mes da ciencia en galego
Etiquetas:
biblioteca,
ciencia,
exposición,
robots
4 de nov. de 2016
Tempo parcialmente nubrado
Hoxe venres anúnciase tempo parcialmente nubrado na biblioteca, xa que dentro da actividade "Os venres son curt@s" esta semana programamos unha curtametraxe na que se promoven actitudes optimistas, o respecto polos diferentes puntos de vista, aprender a aceptar as características dos demais e as diferencias que poidan existir, entre outros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)