A semana pasada tivemos a visita dunha ex-alumna, Aroa, e a súa nai , Mónica, que contaron unha historia inventada por elas sobre a nosa zona do noso colexio ao alumnado de 5º e 6º de EP. É moi interesante poder escoitar algunhas cousas que son certas sobre como era antes o cole e o lugan onde se atopa. Moitas grazas a Mónica e Arora pola vosa historia!!
Amosando publicacións coa etiqueta expresión escrita b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta expresión escrita b>. Amosar todas as publicacións
11 de mar. de 2020
26 de maio de 2019
CERTAME LITERARIO "ASUNCIÓN ANTELO"
O pasado venres 24 de maio celebrouse no edificio de usos múltiples de Coristanco o acto de entrega de premios do Certame Literario "Asunción Antelo". Neste Certame , como en anos anteriores, participamos todos os colexios do concello en cinco categorías: narrativa, banda deseñada, debuxo, monográfico e poesía. As categorías son as mesmas que no Certame do cole. Queremos felicitar a todo o alumnado que participou en ambos Certames e animar aos nosos nenos e nanas a que sigan sendo tan creativos .Noraboa!
Se picades enriba do seguinte titular entraredes na nova da Voz de Galicia sobre este tema.
Entregados en Coristanco los premios del certamen Asunción Antelo
13 de feb. de 2019
13 F: Día mundial da radio 2019
O 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio. Se picades nos seguintes enlaces poderedes saber un pouquiño máis sobre este día.
Aproveitando que Leoteca trouxo a nosa propia emisora de radio o curso pasado, Canosa Onda , estamos a traballar dende o noso cole en diferentes programas de radio
Se picades no seguinte enlace poderedes acceder directamente a nosa emisora de radio e aos diferentes programas xa emitidos. Hoxe, día 13 de febreiro , aproveitaremos para facer un programa especial que subiremos proximamente.
11 de feb. de 2019
Exposicións de aulas conCIENCIAte
Os vindeiros días no CEIP Canosa-Rus levarase a cabo unha fase do PDI conCIENCIAte moi importante para o noso alumnado. Todas as clases van a ter a oportunidade de expoñerlle aos compañeiros e compañeiras de todo o cole cousas sobre o proxecto, falarlles sobre os inventos e experimentos que trouxeron das casas, sobre o traballo que levan feito ata o momento, etc. Cada aula preparou a súa exposición libremente e ao longo destes días na hora de ler vamos a poder desfrutar aprendendo uns de outros/as. Aquí tedes a organización.
EXPOSICIÓNS conCIENCIAte: Do 11 ao 18 de febreiro de 2019
LUNS 11 |
INFANTIL CONTA A 1º E 2º |
3º E 4º CONTAN A 5º E 6º |
MARTES 12 |
1º E 2º CONTAN A INFANTIL |
5º E 6º CONTAN A 3º E 4º |
MÉRCORES 13 |
INFANTIL CONTA A 3º E 4º |
1º ,2º CONTAN A 5º E 6º. |
XOVES 14 |
3º E 4º CONTAN 1º 2º |
5º E 6º CONTAN A INFANTIL |
VENRES 15 |
INFANTIL CONTA A 5º 6º |
1º ,2º CONTAN A 3º E 4º |
LUNS 18 |
3º E 4º CONTAN A INFANTIL |
5º E 6º CONTAN A 1º E 2º |
20 de feb. de 2018
Preparativos para unha nova aventura, radio na biblio!
E este será o espazo para preprara e anunciar os programas.
Irémosvos informado das novidades e dos avances nesta nova aventura e estamos desexando que poidades participar da nosa radio.
24 de nov. de 2017
PROXECTO " RADIO NA BIBLIO"
Comezamos unha nova aventura con Leoteca con moita ilusión!
20 de mar. de 2017
Tes bo ollo!
Tes bo ollo! é unha actividade que comeza neste trimestre, que consistirá na recomendación de libros por parte de alumnos/as do centro. Teredes que buscar os ollos que vos observan e que agardan ser lidos!
Etiquetas:
biblioteca,
expresión escrita,
expresión oral,
recomendacións,
tes bo ollo,
vídeo
15 de mar. de 2017
Longa vida á poesía!
A partir do luns celebraremos na biblioteca a "Semana da poesía", na que durante os recreos o alumnado escribirá os seus pareados nuns cadrados de papel que logo formarán parte da "pantalla dixital" que colocaremos nunha das paredes. Estade atentos durante a próxima semana porque haberá novidades.
VIVA A POESÍA!
Etiquetas:
biblioteca,
creatividade,
expresión escrita,
imaxinación,
papiroflexia,
poesía
7 de mar. de 2017
Hoxe lenos...
Nesta ocasión en hoxe lenos... sete alumnos de 5º de EP prepararon un contacontos para 1º A,1ºB e 2º de EP. Os alumnos foron: Hugo Fdz, Hugo Fa, David, Sergio L, Sergio V, Dani F e Martín. O conto elexido polos alumos foi "Un conto cheo de lobos", dos autores Roberto Aliaga & Roger Olmos , da Editorial OQO.
"Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes, lobos ananos... e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis, vermellos… Había lobos con lentes e lobos con sombreiro. Lobos que escribían cartas, lobos trampulleiros e lobos que mexaban sobre un formigueiro. O conto estaba cheo de lobos!"
Agradecemos dende Leoteca o esforzo do alumnado na preparación deste tipo de actividades e cotinuamos animando a que participen cantos máis alumnos/as e familias millor!
30 de xan. de 2017
Nais e pais de conto!

A semana pasada tivemos un conto para 5º e 6º de primaria. Nesta ocasión a mamá de Aroa (5ºEP) preparou ca nena e coa colaboración doutros membros da nosa comunidade educativa unha historia inventada por elas. A temática foi moi interesante , xa que tratábase dun conto baseado en feitos reais que ocorreorn na zona de Coristanco e a súa contorna e chegaron a desvelar en que ano e como foi construído o noso centro. Todo isto a través dos ollos dunha protagonista chamada Mara. Se queredes ler esta historia, podedes pedirlla a Aroa e pasaredes un rato moi divertido.
Queremos agradecer unha vez máis a implicación das familias nesta actividade que Leoteca propón co tanta ilusión! Grazas!
26 de maio de 2016
Entrega de premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo.
O pasado venres 20 de maio, tivo lugar a entrega dos premios do Certame Literario Escolar Asunción Antelo no concello de Coristanco. O acto contou coa presenza da propia Asunción, que pasou un bo rato cos premiados/as e co alcalde e a concelleira de Cultura.
Neste Certame participaron todos os centros educativos de Coristanco e as modalidades literarias foron: narrativa, banda deseñada , poesía, cómic e monográfico.
Parabéns a todos e todas os premiad@s e ao alumnado que participou cos seus traballos!
Para ver a nova no xornal, picade enriba
18 de maio de 2016
Venres 13 de maio : Celebración do día das Letras Galegas no colexio!
O venres 13 de maio celebráronse no centro diferentes actos para festexar o día das Letras Galegas
( 17 de maio ) e facer o noso pequeno homenaxe ao autor Manuel María.
As actividades levadas a cabo foron as seguintes:
- Entrega de premios do Certame Literario do Colexio nas categorías de: cómic, narrativa, poesía, debuxo e monográfico.
- Durante esta entrega presentada por alumn@s de 6º de EP, tiveron lugar diferentes interpretacións de poemas cantados e recitados de Manuel María. Tres destes poemas foron interpretados a lingua de signos polos alumn@s de 4º de EP. Podedes ver a continuación algunha desas interpretacións e bailes.
Presentación das interpretacións a lingua de signos.
Poesía " O foguete" interpretada a lingua de signos.
Baile tradicional galego.
Estes vídeos son un exemplo das actuaciós que se levaron a cabo.
- Presentacoón do autor Manuel María por parte do alumnado de 5º e 6º de EP.
- Pola tarde , tivemos a sorte de contar co grupo musical "Arume de Verdillo". Os nenos e nenas aprenderon moito coas tres mulleres do grupo que nos ensinaron diferentes ritmos musicais e coas que terminamos bailando tod@s xunt@s. Moitísimas grazas a este grupo pola súa participación voluntaria na nosa festa.
Durante todo o día estivo exposta a caricatura de Manuel María realizada pol@s mestr@s e algúns alumn@s . Tamén estiveron expostos os cadros do alumnado de 6º de EP que elaboraron na clase de plástica durante uns meses.
Exemplo dalgúns dos cadros.
E por último, podedes ver un vídeo resumo da xornada.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GELEGAS 2016!
1 de maio de 2016
Semana do libro de Carballo : " Canta Bichería!"
O noso colexio participou en varias actividades desta semana:
O domingo 24 foi o acto inaugural no que participaron os alumnos/as de 1º de EP no noso centro, cun recital de Manuel María e outro grupo do CEIP Fogar de Carballo.
Aproveitando a temática do noso PDI "DinosauRus", participamos na exposición "Canta Bichería".
Algúns dos nosos dinosauros marcharon a Carballo por uns días!
E ademais tivemos a sorte de poder participar en diferntes actividades durante toda a semana:
O luns 25 de abril, os/as nenos/as de 6º de EI disfrutaron de:
O LOBO E A LÚA, Baobab Teatro (Obra premio Barriga Verde). O lobo é a lúa conta a historia dun lobo que chama pola lúa, ten que falar con ela, ten algo moi importante
que dicirlle, como a lúa está MOI alta non o escoita, así que o pequeno lobo fará o imposible para que o escoite.
Despois visitaron a exposición dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo e Coristaco e puideron disfrutar un rato da ludoteca do Pazo da Cultura.
O mércores 27 de abril, o alumnado de 1º e 2º de EP disfutou de:
FRANKEINSTEIN, Teatro Ghazafelhos
Que se pode agochar nun escuro castelo perdido nas montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou,
quizais, algo que non espera que o descubran? Unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous investigadores,
a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan se o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non.
Despois visitaron a exposición dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo e Coristaco e puideron disfrutar un rato da ludoteca do Pazo da Cultura.
O xoves 28 de abril, o alumnado de 3º e 4º de EP participou en:
3ºEP
FAUNA MÁXICA DE PAPEL. Noemí López, ilustradora. Con algúns “truquiños” de debuxo trasladaron animais da mitoloxía galega ao papel, da man da ilustradora-autora
da imaxe da Semana do Libro desta edición, autora tamén da iconografía da Enciclopedia da Fantasía Popular de
Galicia, Galicia Encantada
4º EP
ANIMALARIO. CREAMOS ANIMAIS IMAXINARIOS, Van Divulgación. Partindo de imaxes de animais reais mesturaron distintas partes dos seus corpos para crear novos seres
inventados, propios da ciencia ficción, tal e como fixo o Profesor Revillod no seu Animalario Universal.
Despois tamén visitaron a exposición dos traballos dos diferentes centros educativos de Carballo e Coristaco e puideron disfrutar un rato da ludoteca do Pazo da Cultura.
Moitas grazas ao Concello de Carballo por convidarnos a participar dunha semana tan divertida e con unhas actividades tan interesantes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























