![Radio na Biblio 256px](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_umerfBm2lWig60crOnGbk7FOqgZo3edPa_kR8BaMjh0P8e-PA4TxqTdp8SxFFxILvhXUFUX-pEix7zAow6YLvlenoLwOPcXyhRWyO8HTKhNbGbxf1lqYi8Av7tMubg_-GQRJJIEpcNBWpbjz4BCWk=s0-d)
Como xa sabedes estamos entre os 20 centros que comezaron este curso co Proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria "Radio na biblio".Como Leoteca estivo tan ocupada para poder abrir as súas portas todavía non se comezou a emitir, pero dende o centro estamos coa adquisición e preparación do material, habilitación dun despacho cerca da biblio que será o estudo de gravación, habilitación da antiga "audioteca" como lugar de preparación dos programas, etc. Tamén comezaremos este mes e a formación para o alumnado e o profesorado. Estamos moi content@s e ilusionad@s de comezar este camiño. Durante estes días tamén elexiremos entre tod@s o nome e un logo para o noso estudo, tedes algunha suxerencia?
Este será o noso estudo unha vez preparado, como quedará cando rematemos?
E este será o espazo para preprara e anunciar os programas.
Irémosvos informado das novidades e dos avances nesta nova aventura e estamos desexando que poidades participar da nosa radio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.