Colocastes escritores e escritoras nas mesas para saber onde sentar.
Ledes contos na radio e facedes outros programas!! Aínda que teña que ser con máscara.
Empezastes a encender a impresora 3D.
Teletransportádevos ata Texas para disfrutar dun científico que nos explica como está a investigar o COVID.
Seguides lendo e investigando.
Mandádesme correos dándome as grazas ou pedíndome libros.
Grazas por facerme sentir viva, LEOTECA.
E para celebrar un día tan especial coma o de hoxe, temos connosco a que foui unha das miñas contacontos favoritas durante o confinamento, Erica González! Hoxe traenos unha historia moi bonita: Edmundo, el ladrón de segundos, en "De tal cuento, tal astilla"
Gracias Erica por tantos momentos máxicos compartidos cons nenos e nenas do CEIP Canosa-Rus!
Neste ano tan complicado non deixei de matinar como achegarvos a lectura. Na carta que vos chegou as aulas explico que este ano a biblioteca vai ser distinta pero non menos especial. Igual que nos patios, nas aulas e no comedor todo mudou, na miña casa tamén . Non quero que vos poñades tristes posto que podedes estar en contacto comigo escribindo o meu correo, leoteca@ceipcanosarus.net, para transmitirme todas as ideas que desexedes. O outro día chegouvos un anaquiño dese lugar tan especial que temos no colexio. Neses estantes selecionei con todo agarimo libros que sei que vos van encantar. Esta foi a primeira das moitas sorpresas que recibiredes. Pronto teredes novas miñas. Non olvidedes" se queredes aventura lánzate a lectura". Aquí tedes un vídeo recordando a gran acollida que tiveron os libros nas aulas. Un abrazo enorme.LEOTECA.