O pasado venres 24 de maio celebrouse no edificio de usos múltiples de Coristanco o acto de entrega de premios do Certame Literario "Asunción Antelo". Neste Certame , como en anos anteriores, participamos todos os colexios do concello en cinco categorías: narrativa, banda deseñada, debuxo, monográfico e poesía. As categorías son as mesmas que no Certame do cole. Queremos felicitar a todo o alumnado que participou en ambos Certames e animar aos nosos nenos e nanas a que sigan sendo tan creativos .Noraboa!
26 de maio de 2019
22 de maio de 2019
ANTÓN FRAGUAS.-
- Antón Fraguas é o homenaxeado no día das nosas letras. Para recordalo realizamos diversas actividades desde o EDLG e desde o de biblioteca:
- Caricatura do autor.
- Entrega dun marcapáxinas.
- Nun breve acto dramatizouse a súa biografía .
- Algúns nenos e nenas explicaron algún invento que tiñan nas súas casas: o carro, un chisqueiro...
- Paralelamente recitáronse poemas da obra mestra de Manuel María e a de Rosalía de Castro. Tamén cantamos o himno e a canción "O Carro" de "Fuxán os Ventos".
- Tamén realizamos a entrega de premios do CERTAME LITERARIO, concurso no que os nenos e nenas mostran as súas dotes creativas inventado contos, cómics, poesías, realizando debuxos... neles vese que están empapados de Concienciate . Parabéns!! De agasallo levaron libros e un marcapáxinas realizado co Tinkerdcard por unha nena de 6º.
Visita de María Canosa a Leoteca
Onte tivemos unha visita moi especial en Leoteca para o alumnado de 1º e 2º de EP. Estivo a escritora María Canosa. Veu a falar dos seus libros de poemas "Acuario" e "Acuario2" xa que son os libros que leron os nenos e nenas para esta ocasión. Ademais das preguntas que os rapaces/as expuseron, aproveitamos o momento tamén para facerlle unha entrevista na nosa Radio Canosa- Onda. Tamén lle asinou os libros ás nenas e nenos. Moitas grazas María de parte do CEIP Canosa- Rus.Volve pronto!
18 de maio de 2019
Feira conCIENCIAte: 30 de maio
.
Xa estamos chegando á recta final do noso PDI conCIENCIAte e para iso estamos preparando no cole a Feira conCIENCIAte. Será o vindeiro xoves 30 de maio de 9:45h a 12:00h. Cada familiar que confirmou asistencia recibirá estes días unha pegatina co nome do grupo no que visitará a feira. É moi importante traer a pegatina ese día. Rogamos puntualidade xa que pecharemos as portas cando comece a actividade.
Desexamos que vos guste moito . As nenas e os nenos están moi ilusionados/as coa preparación desta feira . Un ano máis grazas pola vosa colaboración e asistencia.
(Invitación elaborada por alumnado do centro)
Se picades no seguinte enlace podedes ver a nova publicada na Voz de Galicia coa información enviada polo alumnado de 6º de EP coa información sobe a Feira.
Centros seleccionados de Voluntariado de lectura-A (primaria)
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a acción integrada no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2018/2019: Voluntariado de lectura-A (primaria). Participaron un total de 82 centros, dos que se seleccionaron 10 pola calidade e variedade nas actividades neste ámbito.O noso centro foi un dos seleccionados. Noraboa ao alumnado de 5º e 6º que fan a labor de voluntariado na biblio do noso cole!
Para acceder a Resolución podedes picar na seguinte imaxe
E se picades enriba da foto podedes acceder á nova da Voz de Galicia relacionada co tema.
7 de maio de 2019
Visita en Leoteca dos servizos de emerxencia
Hoxe tivemos unha visita en Leoteca para o alumnado de 4º de EI a 4º de EP. Viñeron os servizos de emerxencia: un bombeiro de A Coruña e un axente de Protección Civil de Coristanco. Explicáronnos en que consiste o traballo dos bombeiros , como actuar en caso dunha emerxencia e en concreto como actuar en caso de que haxa un incendio no cole. Practicamos o recorrido de evacuación dende as aulas e puideron ver parte do material que se utiliza nos incendios. Aquí podedes ver algunhas imaxes. Grazas pola vosa colaboración!
4 de maio de 2019
Biólog@s para os máis pequenos.
Este venres dous biologos, familiares dunha nena de 4 anos, ensináronlle aos máis pequenos a plantar lentellas e a observar a importancia de lavar as mans a través dun experimento. Grazas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)