Amosando publicacións coa etiqueta sistema solar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sistema solar. Amosar todas as publicacións

25 de maio de 2015

Este é o noso Neptuno


Os nenos/as de 5º de Educación Infantil investigaron sobre o planeta Neptuno. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o último planeta do Sistema Solar e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Neptuno. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Urano


Os nenos/as de 4º de Educación Infantil investigaron sobre o planeta Urano. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre este planeta gasoso, escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Urano e cantaron "A canción dos planetas". Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Saturno


Os nenos/as de 5º de Educación Primaria investigaron sobre o planeta Saturno. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o rei dos aneis e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Saturno. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Xúpiter


Os nenos/as de 3º de Educación Primaria investigaron sobre o planeta Xúpiter. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o planeta máis grande do Sistema Solar e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Xúpiter. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Marte


Os nenos/as de 4º de Educación Primaria investigaron sobre o planeta Marte. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o planeta vermello, e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Marte. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Esta é a nosa Terra


Os nenos/as de 2º de Educación Primaria investigaron sobre o planeta Terra. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o planeta azul e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor á Terra ou o seu satélite, a Lúa. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Venus

Os nenos/as de 1º de Educación Primaria investigaron sobre o planeta Venus. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o segundo planeta do Sistema Solar e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Venus. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Mercurio


Os nenos/as de 6º de Educación Infantil investigaron sobre o planeta Mercurio. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o primeiro planeta do Sistema Solar e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Mercurio. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Sol

Os nenos/as de 6º de Educación Primaria investigaron sobre o Sol. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que fan unha dramatización relacionada co astro rei e crearon o Sol do planetario, que concluiron cuns raios compostos por estrelas nas que escribiron adxectivos que lles evocaba esta estrela.

22 de maio de 2015

Esta é... EXPO Rus entre planetas

O pasado mércores 20 de maio inaugurouse a exposición do PDI RUS ENTRE PLANETAS, que está adicada ao Sistema Solar. A xornada de inauguración estruturouse en tres espazos diferenciados para poder albergar a todos os familiares do alumnado que quixeron compartir con nós este día.

17 de mar. de 2015

Eclipse Solar 20 de marzo

Ola, rapazas e  rapaces!
Xa sei que seguides inmersos no Proxecto " Rus entre planetas", pois aproveitade para ver o próximo venres 20 de marzo o eclipse parcial de Sol. Estade moi atentos porque comezará sobre as 09:00 h da mañá. E ademais ese día non hai colexio! Lembrade utilizar unhas gafas especiais para eclipses, xa que pode ser moi perigoso para os ollos. Para máis información podedes consultar estes vídeos.



26 de xan. de 2015

3º investiga e comparte

Os nenos/as de 3º curso e o seu titor Miguel investigaron sobre o sistema solar e preguntaron ao astrónomo que nos visitou numerosas cuestións sobre el.

A continuación vos presentamos un vídeo sobre o movemento do sistema solar que atoparon na súa investigación, tamén incorporamos referencias e sitios web onde ampliar a información.

13 de xan. de 2015

Astronomía na biblioteca

Telescope by Rinotova
Openclipart Licenza DP
Ola nenos e nenas, da última viaxe que fixen polos confíns do Universo trouxen comigo a un amigo que é astrónomo, que se chama Pedro Pablo Campo. Actualmente traballa no Observatorio Astronómico Ramón María Aller, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, e acudirá á nosa biblioteca o próximo mércores 14 de xaneiro para axudarnos a coñecer máis sobre o noso sistema solar e sobre a que se dedican os astrónomos/as, tamén poderedes facerlle preguntas sobre as dúbidas que vos xurdiron durante a investigación que estivemos realizando, e outras curiosidades que teñades sobre o tema.

3 de nov. de 2014

Despois dunha viaxe polo espazo xa estou de volta

Ola nenas e nenos, como xa sabedes estiven polo espazo descubrindo cousas moi interesantes! Non tedes curiosidade por saber o que podedes atopar cando mirades ao ceo? Pois nesta páxina web  atoparedes esas dúbidas. Clicando en cada planeta amósavos unha pequena descrición e explicación, incluso podedes atrasar ou adiantar o tempo para observar como se desprazan os planetas o redor do sol! Recoméndovos que descubrades todo o que nos rodea gracias a esta páxina! Xa me contaredes se vos gusta! Ata a próxima amig@s!

http://www.solarsystemscope.com/

Captura de pantalla de www.solarsystemscope.com

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...