26 de feb. de 2017

The Oscars

Vía Pixabay Licenza CC DP
O domingo 26 de febreiro celébrase a gala de entrega dos premios Oscar de cine na cidade de Os Ánxeles (California), na que se entregarán os galardóns aos premiados nas diferentes categorías.

24 de feb. de 2017

Semana das profesións

Licenza CC DP
O mércores 8 de marzo, día da Muller traballadora, acudirá ao centro Tita F. Echevarría, maquilladora e perruqueira en medios audiovisuais. Continuamos deste xeito coa semana das profesións relacionadas co cine.

22 de feb. de 2017

Olloboi por dentro

Vía Olloboi Licenza CC
O próximo venres 3 de marzo ás 12h. realizaremos unha videoconferencia con Óscar Núñez Aguado, membro do equipo que organiza o Festival Olloboi, na que nos explicará os pasos necesarios para a creación dos equipos e as tarefas que deberá desenvolver cada grupo para acadar o noso produto final: un Festival de cine.

RosalíaTe!

Vía Wikimedia commons Licenza CC DP
O próximo 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Desde a biblioteca queremos sumarnos a esta iniciativa compartindo con vós o Manifesto elaborado pola escritora galega Ledicia Costas, que foi lido o pasado domingo no acto conmemorativo organizado pola AELG.

21 de feb. de 2017

Semana das profesións do cine

Vía Turismo de Carballo: http://www.turismocarballo.com/
O próximo 6 de marzo visitará a biblioteca o actor galego Artur Trillo. Nesta xornada coñeceremos o traballo que desenvolve nas gravacións audiovisuais, que formación é necesaria, entre outros aspectos.
Queremos agradecer a Artur o seu interese por participar nesta semana das profesións, así como ao Concello de Carballo por facilitarnos o seu contacto.

20 de feb. de 2017

Queremos saber!

No panel da audioteca apareceron unhas imaxes cos retratos de varias personaxes relacionadas co mundo da música, pero tamén co cine. Queriamos saber por que apareceron alí, ademais de coñecer quen son eses músicos e actores.

17 de feb. de 2017

Sons detrás da pantalla

Compartimos este documental de Great Big Story, que nos chegou vía microsiervos, no que se explica como se realizan os efectos de sala dunha película. Alyson Moore, Chris Moriana e Mary Jo Lang explican como crean nun estudio o son ambiente das películas e a razón de que se lles chame artistas de foley.

O valor da liberdade

No recreo de hoxe na biblioteca proxectarase a curtametraxe de 2005 "Wei xiao der yu (A Fish with a Smile)" do director taiwanés , a música está composta por Chien-Ci Chen. Atopámonos novamente coa íntima relación entre o cine e a literatura, xa que a historia está baseada no libro de Jimmy Liao "El pez que sonreía". Esta curta foi premiada no Festival Internacional de cine de Berlín.

15 de feb. de 2017

Hoxe lenos...

Onte, na hora de ler ,houbo un contacontos cunha mensaxe  moi especial por parte de tres alumnas de 5º de EP: Ana M, Sara e Eva. Estas tres nenas inventaron unha historia chamada "Clara e o seu soño" baseada no colexio e na superación persoal a través dunha montaxe con peluches e bonecos. Contaron este conto para o alumnado de 1º e 2º de EP. Gustaríanos felicitar a estas nenas e animar ao alumnado a que inventen, creen e se sintan libres para contar moitas cousiñas en Leoteca. Grazas!







Nais e pais de conto

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza da nai de Alexia ( 5º de EI) e Alexia. Xuntas contaron o conto  de "Corre corre cabaciña" para o alumnado de EI. Este conto é de de orixe portuguesa , de gran tradición no país veciño. Relata a histora dunha velliña que , de camiño ao casamento da neta atopa a un lobo, a un oso e a un león que a queren comer. Ela convence aos animais que a esperen despois do convite e , despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.
O fixeron moi ben e os nenos e nenas quedaron encantados/as. Moitas grazas por vir a Leoteca!




13 de feb. de 2017

Aprendemos con Luz Beloso e o seu alumnado

Hoxe contactamos co IES As Barxas (Moaña) para que o alumnado e a propia Luz Beloso nos contasen a súa experiencia traballando no eido audiovisual desde un centro educativo público. A través de Hangouts Lucía, Xabi, Sira, Noe, Isa, Nerea, Natalia, Claudia e a propia Luz ensináronnos e aconselláronnos sobre os aspectos básicos para producir distintas obras audiovisuais.
Estes coñecementos servirannos para seguir progresando no PDI "De espectadores a protagonistas". Ao final da entrada publicaremos o vídeo ao completo.
Agradecemos encarecidamente a colaboración desinteresada, que mesmo ocopou a súa hora para comer. Grazas e noraboa polo voso traballo!

Sexamos espectadores críticos!

Vía @xavier_torrens
Cando vemos unha película, curtametraxe ou calquera outra obra audiovisual... sabemos lelas, comprendemos as mensaxes que subxacen delas?
Que pensades sobre esta imaxe?

10 de feb. de 2017

Moving on

Este venres traemos un vídeo musical do ano 2014 realizado coa técnica stop motion polo polifacético Ainslie Henderson, gañador do premio BAFTA á mellor curta de animación no ano 2013 por The making of longbird, que serviu de vídeo musical para a banda británica James.

8 de feb. de 2017

Encontro virtual co alumnado de Luz Beloso no IES As Barxas

BY Educortos Licenza CC BY-NC-SA
O próximo luns 13 de febreiro ás 14:40h. estableceremos conexión co IES As Barxas. Neste encontro virtual o alumnado de diversos cursos da profesora de plástica Luz Beloso contaranos a súa experiencia no mundo audiovisual con "Cangarexo Films" ás aulas de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e  5º de Educación Infantil.

6 de feb. de 2017

Compartimos aprendizaxes

Durante esta semana as diferentes aulas do centro explicarán ao resto do alumnado as exposicións que montaron co material relacionado co cine achegado polas familias e polos diferentes documentos froito das investigacións que realizaron durante o primeiro trimestre dentro do PDI "De espectadores a protagonistas".

Nais e pais de conto!

Resultado de imagen de pájaro amarilloO mércores pasado visitou Leoteca a tía de Manuel (5ºde EI) para contarlles o conto de "Pájaro amarillo" da autora Olga de Dios e a editorial OQO  ás nenas e nenos de educación infantil.
Este conto trata sobre o valor de compartir e invítanos a coidar o planeta no que vivimos.
Manuel e a súa tía o  fixeron xenial e queremos agradecer unha vez máis a presenza de familiares en Leoteca porque aos nenos e nenas encántalles recibir as vosas visitas!


4 de feb. de 2017

Premios Goya

Hoxe en Madrid celébrase a Gala da 31 edición dos Premios Goya na que se premiarán diferentes categorías do cine español. Observando estas categorías que reciben galardón comprobaredes as diferentes profesións que participan na elaboración dunha película ou curtametraxe.

Curta o luns

Debido a que o venres non se puido proxectar a curta prevista debido ao apagón eléctrico que sufrimos durante toda a mañá, o próximo luns no recreo ás 11:30h. realizaremos a proxección de "Monkey simphony" prevista para o venres.

3 de feb. de 2017

Curta con ritmo

Nos venres son curt@s a música protagoniza a sesión de curtametraxes de hoxe, xa que traemos a obra titulada "Sinfonía de monos" realizada como un proxecto de postgrado do ESMA (Escola Superior de Oficios do arte). Nesta obra fainos relexionar sobre as diferentes formas de entender a educación musical.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...