06/02/2017

Compartimos aprendizaxes

Durante esta semana as diferentes aulas do centro explicarán ao resto do alumnado as exposicións que montaron co material relacionado co cine achegado polas familias e polos diferentes documentos froito das investigacións que realizaron durante o primeiro trimestre dentro do PDI "De espectadores a protagonistas".
Este é o programa previsto para esta semana, que se desenvolverá durante os vinte minutos posteriores ao recreo de pola mañá e que coinciden coa "Hora de ler":
Luns 6 de febreiro
Educación Infantil na zona común do primeiro andar a 1º-2º-3º de E.P.
Na súa aula 5º E.P. a 6º e 4º de E.P.
Na súa aula 6º E.P. a 4º e 5º de E.P.
Martes 7 de febreiro
Educación Infantil na zona común do primeiro andar a 5º-6º de E.P.
1º e 2º E.P. a 3º-5º-6º de E.P.
Mércores 8 de febreiro
5º-6º de E.P. a Educación Infantil
3º e 4º E.P. a 1º-2º-3º de E.P.
Xoves 9 de febreiro
3º de E.P. a Educación Infantil
5º e 6º E.P. a 1º-2º-3º de E.P.
Venres 10 de febreiro
1º-2º de E.P. a Educación Infantil
3º e 4º E.P. a 5º-6º de E.P.
Estas imaxes corresponden ás exposicións dos nenos/as de 4º-5º-6º de Eduación Infantil. Ao final da semana publicaremos imaxes de cada unha das sesións organizadas polas distintas clases. Agardamos que a información que vos faciliten os compañeiros/as sírvavos para continuar co desenvolvemento do PDI "De espectadores a protagonistas".

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...