29 de abr. de 2021

Rap día do libro e Break out.

 Os nenos e nenas de terceiro prepararon un Rap para o día do libro co programa SCRACH JUNIOR e realizaron un Break out.  Pasárono  xenial. 








Rosa Aneiros e Andrés Meixide

 Cando dúas personas con talento se unen nace un libro como Xelís o guieiro das botellas de mar. Os nenos de sexto ao longo deste trimestre leron  e traballaron con este libro.  Unha obra que invitou a reflexionar sobre o coidado  do medio ambiente. Rosa, por videochamada, concienciounos sobre este tema. A axenda 2030; no seu obxetivo 13, fala da vida submarina, e con el vemos a responsabilidade de velar polo noso mar.   Andrés , pon debuxos elaborados con programas informáticos, as verbas de Rosa. Os nenos e nenas de sexto decoraron as súas botellas ESTRAFALARIAS e meteron mensaxes , escritas con pluma , nas botellas.












25 de abr. de 2021

Sempre hai que atopar ese libro. APADRIÑAMENTO LECTOR.

 Manifesto día do libro 2021 

Jesús Carrasco

Estas palabras están dirixidas a ti, que aínda estás a salvo da lectura. Que aínda non te atopaches a soas co teu primeiro libro inesquecible. Quería darche os parabéns.  Non é que me alegre de que a lectura non estea entre os teus hábitos. Non é iso. O único que pretendo é avisarte de que estás nun momento marabilloso: o que precede a ese primeiro encontro a soas co teu primeiro libro importante. Busca na túa memoria. Seguro que na túa vida houbo moitos deses momentos que anteceden ao gozo: xusto antes de darlle o primeiro bocado ao teu prato favorito, cando o aroma que sobe do prato faiche a boca auga; antes de ver a esa persoa á que tanto botas de menos; xusto antes de vivir con intensidade uno deses partidos históricos para o teu equipo. Ti, que aínda non sentiches como un libro róubache horas de soño; que aínda non che metiches na pel de  Madame  Bovary, que non seguiches o curso do río  Nilo ata as súas fontes. Que non viviches nas árbores, que non baixaches ao centro da Terra, que aínda pensas que Don Quixote estaba tolo. Envéxoche, e de aí o meu parabén, porque aínda tes tanto por descubrir. O que daría eu por estar na túa pel. Por volver ser aquel neno que se atopou un mediodía primaveral a soas co seu primeiro libro...







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...