Cando dúas personas con talento se unen nace un libro como Xelís o guieiro das botellas de mar. Os nenos de sexto ao longo deste trimestre leron e traballaron con este libro. Unha obra que invitou a reflexionar sobre o coidado do medio ambiente. Rosa, por videochamada, concienciounos sobre este tema. A axenda 2030; no seu obxetivo 13, fala da vida submarina, e con el vemos a responsabilidade de velar polo noso mar. Andrés , pon debuxos elaborados con programas informáticos, as verbas de Rosa. Os nenos e nenas de sexto decoraron as súas botellas ESTRAFALARIAS e meteron mensaxes , escritas con pluma , nas botellas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.