Hoxe retomouse a actividade de nais e pais de conto despois da parada de Nadal. Nesta ocasión tivemos a sorte de contar con dous irmáns, Pablo de 3º A e a súa irmá Ana. Xuntos contáronlle dous contos aos nenos/as de educación infantil e de 3º A. Os contos foron " Xa vou" e "El pulpo Rufo" que podedes coller en Leoteca. Damos as grazas a Ana por vir ao cole, o alumnado de infantil quedou moi contento. Animamos ás familias a participar nesta actividade, podedes apuntarvos para contar un conto cos vosos fillos e fillas aos cursos que queirades!
29 de xan. de 2020
O día a día en Rus
Os nenos e nenas da 6ª onda contan as novidades da nosa zona esta semana. A máis salientable, a xubilación do noso conserxe, pero tamén as noticias culturais e deportivas.
24 de xan. de 2020
AMAR O MAR ENTRE TOD@S
Esta semana os nenos e nenas estiveron dun lado para o outro visitando as aulas observando e aprendendo todo o que levan investigado os seus compañeiros e compañeiras do PDI Amar o mar. Moitos dos obxectos que nos ensinaron troixéronnos os pícaros das casas.. Que previlexio poder ver unha mandíbula de tiburón , un dente, o titanic en lego, animais fantásticos de plastilina, corais, caracolas, redes.... Inctreíble tamén foi poder escoitar todo o que aprenderon sobre todo o que arrastra o PDI AMAR O MAR. Grazas!
PINCHA PARA VER O VIDEO
Etiquetas:
AMAR O MAR,
ENTRADAS E SAIDAS,
exposición
23 de xan. de 2020
IMAXINANDO ANIMAIS MARIÑOS
22 de xan. de 2020
AMAR O MAR e impresora 3D.-
Nesa impresora que temos na biblioteca e que imprime con papel estamos a facer distintas actividades.
- Litofanías de animais mariños. Agora toca adiviñar no espazo creativo que animal esconde.
- O alumnado máis pequeno e o maior atrévese a deseñar.
- Moldes para o espazo creativo e mapa mundi en relevo.
EXPERIMENTOS CON AUGA.
Misteriosa personaxe aquí tes un experimento con auga realizado nun laboratorio. A través do método científico comprobamos o que ocurre se mesturamos vinagre con auga...
Estamos agardando pola seguinte proba.
Experimentos con auga
Estamos agardando pola seguinte proba.
Experimentos con auga
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)