Agasalla lectura no Nadal .
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións b>. Amosar todas as publicacións
19 de dec. de 2020
11 de mar. de 2020
HOXE LENOS!
Hoxe contamos coa participación de dúas alumnas de 4º EP que lles contaron un conto ao alumnado de 1º , 2º e o resto de 4º EP. O conto foi "El pulpo mascota"; é un conto moi divertido!. Aos nenos/as encantoulles. Moitas grazas a estas compañeiras polo seu esforzo, colaboración e ilusión !
7 de nov. de 2018
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Boas a tod@s:
Dende as consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Isto é para o noso PDI conCIENCIAte algo moi positivo , xa que a través do seguinte enlace á páxina de bibliotecas escolares podedes acceder a diferentes recursos e así seguir investigando sobre a nosa temática en galego. Picade na seguinte imaxe e atrevédevos a desfrutar aprendendo!
16 de xuño de 2017
Viaxa máis aló das estrelas...
3 de abr. de 2017
Xuntos coa lectura
O pasado domingo 2 de abril conmemorouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que coincide coa data de nacemento de Hans Christian Andersen.21 de mar. de 2017
Semana da poesía
Hoxe comezou a celebración da "Semana da poesía" na que se desenvolveran distintas actividades para conmemorar esta data tan significativa no calendario da nosa biblioteca, como é o 21 de marzo Día Mundial da Poesía promovido pola UNESCO.
Etiquetas:
biblioteca,
cancións,
celebracións,
efemérides,
guía,
poesía,
recomendacións
20 de mar. de 2017
Tes bo ollo!
Tes bo ollo! é unha actividade que comeza neste trimestre, que consistirá na recomendación de libros por parte de alumnos/as do centro. Teredes que buscar os ollos que vos observan e que agardan ser lidos!
Etiquetas:
biblioteca,
expresión escrita,
expresión oral,
recomendacións,
tes bo ollo,
vídeo
15 de dec. de 2016
Historias marabillosas agardan por ti!
![]() |
| By Mysticsartdesign Licenza CC0 DP |
Aproveitando o próximo período vacacional queremos propoñervos algunhas lecturas coas que coñeceredes a novos personaxes, visitaredes outros lugares, viaxaredes no tempo...
Etiquetas:
biblioteca,
De espectadores a protagonistas,
guía,
Nadal,
PDI,
recomendacións,
tríptico
24 de nov. de 2016
25 N: Día internacional contra a violencia de xénero.
O día 25 de novembro de cada ano celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Para conmemorar esta data , dende Leoteca queremos recomendarvos unhas lecturas tanto en galego como en castelán cas que podemos traballar o tema da coeducación e a igualdade. Os nenos/as de 5º de EP elaboraron un mural para expoñer os libros seleccionados.
Ademáis mañá na hora de ler cotaremos contos temáticos en Leoteca.
Recomendación de Leoteca:
Título : O país dos mandóns.

Editorial: Ediciones Embora, Coruña 2010
Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países: o país do revés, o país das chuches, o país da música...e no país dos Mandóns. O seu paso por este país coincidiu cun gran cambio; grazas a Clara, ese lugar feo e triste , coverteuse nun lugar boito e feliz. Dende entón coñécese como O País da Igualdade.
Autoras : Adela Turin e Nella Bosnia
Editorial : Kalandraka
Esta é unha historia fabulada que reivindica rol femenino na sociedade, combate os esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda necesítanse obras sobre de coeducación e igualdade.
Ademáis podedes ver no seguinte enlace unha historia diferente sobre cenicienta.
"La cenicienta que no quería comer perdices"
(Picade enriba da imaxe)
20 de nov. de 2016
Recomendación de lectura no mes da ciencia
Como xa sabedes,durante o mes de novembro a nosa Leoteca e as bibliotecas escolares celebran o mes das ciencias. Dende Leoteca querémoslle facer un guiño as mulleres científicas, centrándonos na vida de Marie Curie. A través do libro Marie Curie da editorial Alba coñeceremos a súa vida e os alumnos/as de 1º e 2º de EP farán unha dramatización para todo o colexio, un martes , dentro do programa "Hoxe Lenos".
Autora: Sánchez Vegara, Mª Isabel-Frau Isa
Editorial : Alba
"Marie Curie foi a primeira muller Doctora en Ciencias e profesora na Uiversidade de París, ademais e a primeira persoa na historia en recibir dous premios Nobel. Descubriu o radio e o polonio e desarrollou a teoría da radioactividade polo que está considerada a muller máis inspiradora da ciencia moderna."
17 de xuño de 2016
Non te esquezas de soñar!
![]() |
| Licenza CC0 DP |
Esta a guía de lecturas recomendadas polo equipo de biblioteca para o verán.
Agardamos que vos guste e aproveitedes o tempo de lecer para achegarvos a estas ou outras lecturas que sexan do voso agrado. Os libros tamén poden trasladarvos a outros lugares, outros mundos... lembrade!
NON TE ESQUEZAS DE SOÑAR!
23 de abr. de 2016
Feliz Día do Libro!
Desde Leoteca gustaríanos felicitar a toda a comunidade educativa polo Día do Libro, 23 de abril.
Esta semana foi dedicada a este tema en Leoteca e por este motivo realízaronse varios obradoiros durante os recreos : os " marcapáxinas locos " e " o meu libro favorito é..."
As nenas e nenos que participaron disfrutaron moito con estas actividades. Noraboa pola vosa colaboración rapac@s! E a seguir disfrutando tanto do maravilloso universo da lectura.
Esta semana foi dedicada a este tema en Leoteca e por este motivo realízaronse varios obradoiros durante os recreos : os " marcapáxinas locos " e " o meu libro favorito é..."
As nenas e nenos que participaron disfrutaron moito con estas actividades. Noraboa pola vosa colaboración rapac@s! E a seguir disfrutando tanto do maravilloso universo da lectura.
FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL on PhotoPeach
26 de xan. de 2016
Contacontos na Hora de Ler
En Leoteca continúan os contacontos na Hora de Ler. Hoxe, un grupo de nenas de 4º de EP ( Sara, Julia, Sabela, Ana, Aroa e Dalia) " Las mix de 4º", representaron un conto "La Bruja Rechinadientes" para os nenos e nenas de Educación Infantil do noso cole. Prepararon as invitaciós para os compañeiros/as de infantil e foron a invitalos as súas aulas. Os peques escoitaron atentamente a historia que dramatizaron as súas compañeiras e quedaron encantados/as.
"Las mix de 4º" realizarán esta dramatización para as nenas/os de 1º, 2º e 4º de EP próximamente!. Grazas por compartir as vosas ilusións e ganas de contar contos !
15 de dec. de 2015
Nestas vacacións... Viaxa coa lectura!
![]() | ||
| Vía Pixabay Licenza DP CC0 |
30 de out. de 2015
En outono... Le sen medo!
Etiquetas:
biblioteca,
recomendacións,
Samaín,
tríptico
16 de out. de 2015
Un pouco de medo, por favor!
Aproxímase o Samaín e desde a biblioteca queremos propoñervos algunha lectura para que pasedes medo, pero un "medo divertido".
Neste curso seleccionamos libros que tratan sobre diferentes tipos de medo: ás pantasmas, aos zombis, á morte, aos vampiros, aos monstros, entre outros. Na entrada de diante colocamos libros axeitados para prelectores e primeiros lectores/as e na entrada de atrás libros para lectores/as autónomos e expertos.
Etiquetas:
exposición,
medo,
recomendacións,
Samaín
15 de xuño de 2015
Vive un verán emocionante...
Leoteca está empezando a recoller e a prepararse para novas aventuras. Antes de irse quere deixarvos un consello: "Vivide un verán emocionante. Estas vacacións...Lede!" e tamén unhas cantas recomendacións organizadas para os diferentes cursos, para que durante o verán gocedes coa lectura.
13 de xuño de 2015
As mochilas chegan das viaxes
Todas as mochilas volveron das súas viaxes polas casas dos nenos/as do centro. A partires de agora estarán na biblioteca para que se poidan consultar, ata que volvan a comezar a ruta de novo o curso que ven, con novas aventuras e nova música. Durante o verán tamén podedes ver o que escribistes vós e os vosos compañeiros/as.
9 de abr. de 2015
Visita de Ledicia Costas
Ola nenos/as! O mércores visitounos Ledicia Costas, a autora galega que escribíu o libro Escarlatina a cociñeira defunta, que estiveron lendo os nenos/as do 3º ciclo, e que tiña como ilustrador a Víctor Rivas.
17 de mar. de 2015
Eclipse Solar 20 de marzo
Ola, rapazas e rapaces!
Xa sei que seguides inmersos no Proxecto " Rus entre planetas", pois aproveitade para ver o próximo venres 20 de marzo o eclipse parcial de Sol. Estade moi atentos porque comezará sobre as 09:00 h da mañá. E ademais ese día non hai colexio! Lembrade utilizar unhas gafas especiais para eclipses, xa que pode ser moi perigoso para os ollos. Para máis información podedes consultar estes vídeos.
Xa sei que seguides inmersos no Proxecto " Rus entre planetas", pois aproveitade para ver o próximo venres 20 de marzo o eclipse parcial de Sol. Estade moi atentos porque comezará sobre as 09:00 h da mañá. E ademais ese día non hai colexio! Lembrade utilizar unhas gafas especiais para eclipses, xa que pode ser moi perigoso para os ollos. Para máis información podedes consultar estes vídeos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















