![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiWPX46I5b7mptrej2aVaut0lh6K46ahyphenhyphensOdJoHOMUIQxlqIsQdmzl6J_ugdJB7Q8gxkXJ-LzOhSwad8OG4LtJoDIEgNR0TpLaiZoPwyJylWdE9ECzL1vlBAf-4wm5YlSQ1nzHkAm7aqDuZ/s200/IMAG3999_1.jpg)
Desde o centro queremos sumarnos a esta iniciativa e mañá martes 4 de abril poremos en marcha o programa de apadriñamento lector "Xuntos coa lectura". A través dos seus compañeiros/as de cursos superiores pretendemos achegar a experiencia lectora a aqueles/as que estean a iniciarse nela.
Os nenos/as de Educación Infantil terán un compañeiro/a dos cursos de 4º -5º - 6º de Educación Primaria que vos animarán, aconsellarán, lerán, cantarán... para que nun futuro vós poidades ser os que axuden fomentar o gusto pola lectura entre o alumnado do CEIP Canosa-Rus.
Xuntos coa lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.