21 de abr. de 2017

Deamos vida aos libros!

O próximo domingo 23 de abril celebrarase o Día do libro, nós queremos comezar a celebralo coa proxección hoxe en "Os venres son curt@s" de "Los fantásticos libros voladores de Mr. Morris Lessmore" dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg. Producida por Moonbot Studios foi premiada en diversos festivais e galardoada co Oscar á mellor curtametraxe de animación na edición de 2011.
Inspirada en diversas películas e no actor Buster Keaton, o autor fai unha homenaxe aos libros, ás historias que conteñen e a aquelas persoas que se inspiran e adican parte da súa vida a estes "obxectos máxicos".


Que libro reanimaredes esta semana?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...