A celebración do Día da Letras Galegas, trasládase ao 31 de outubro
Este ano no Día das Letras Galegas, o 17 de maio, homenaxearemos a Carbalho Calero, escritor e gran filólogo.
Pero, debido á suspensión das clases a causa da pandemia do coronavirus, e ante a incerteza de cando se poderán retomar, a Real Academia Galega vén de comunicar que esta celebración se traslada ao día 31 de outubro, que coincide co 110 anos do nacemento do autor.
Esta institución continúa divulgando a figura do homenaxeado a través da súa páxina web, a Primavera das Letras e o Portal das Palabras.
Tamén nos anima ao profesorado e ao alumnado a promover accións virtuais arredor da data do 17 de maio e estender estas actividades sobre Carballo Calero a comezos de curso .
Pola súa parte, O Seminario Galán, pon a disposición da comunidade educativa o material das Letras Galegas 2020, onde se poden atopar actividades interactivas, actividades en PDF, marcadores, fotografías, vídeos…
Os noso alumnado xa está afeito a facer estas actividades todos os anos na aula de informática. Por iso, mentres non nos vexamos no colexio, animámosvos a que entredes en www.seminariogalan.org/ e fagades algunhas actividades. Lembrade que antes de nada, debedes ler con moita atención a biografía do autor. Tamén vos aconsellamos , empezar polas de 1º Curso e ir subindo de nivel ata chegar ao voso curso.
Que? Seredes quen de facelas?