16 de abr. de 2020

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL


Boas lectores e  lectoras:

Como estades? Eu ando algo triste porque perdín os anteollos para ler e para a semana que vén,  concretamente o xoves 23, é o día do libro. Debeumas roubar unha persoa , animal ou cousa  porque me chegou esta carta:

Querida Leoteca se os anteollos queres recuperar este reto terás que superar:

A inmensa maioría dos nenos do colexio téñenche un aquel especial así que deberanche axudar.  Terán que facer dous  destes retos e mandalos ao teu correo: leoteca@ceipcanosarus.net  e  ao dos seus mestres. Estes retos teñen que estar cargados de humor e disparates posto que o Salón do libro dedícaselle ao  HUMOR.

POSIBLES RETOS:

1.   Gravar  un chiste ( voz) e envíalo como correo adxunto  para  despois montar un programa de radio.
     Debedes especificar : "Eu son _____  e este é o meu chiste______"

2.   Completar esta frase e gravala ( voz): 
   " Chámome______ . O meu conto preferido é______ porque_________."
     Tamén se subirá a radio. 

3.O teu libro favorito cantado: Escolle o teu libro preferido e inventa unha canción cortiña ou escolle unha melodía que che guste e cámbialle a letra. Nesta gravación  debes decir cantando o  título do teu libro favorito  e decir porque che gusta. 
     Tamén se subirá a radio.

4.   Escribir ou gravar unha historia disparatada moi breve contestando a estas preguntas no que o protagonista sexa un obxecto ou  xoguete  que teñades na casa:
·      Quen era?
·      Onde estaba?
·      Que facía?
·      Que dixo?
·      Como acabou?
·      Podedes achegar foto do obxecto ou xoguete.

5.    Facer un debuxo teu de como te sentes cando les o teu libro preferido.

6.    QUEDADA LITERARIA: O día 23 as 16:00 horas ler un conto ti e a túa familia e mandar unha foto na que esteades todos a ler.

Nenos e nenas, tédesme que axudar! Déixovos tamén un manchea de libros que podedes ler  desde a tableta ou desde o ordenador. 
Soamente tedes que picar enriba :


Por certo, estes retos deberán ser en GALEGO.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA! 
LEOTECA



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...