Que contenta estou!! Grazas a vós e as vosas familias por axudarme a recuperalos. Xa teño comigo os anteollos. Resulta que non os levara un becho estraño. Escoitade a primeira gravación e saberedes quen foi.
Nos seguintes cinco programas están os vosos chistes e recomendacións lectoras. Buscade a vosa voz!!!
Nos vídeos están as fotos cas familias e aqueles que en vez de gravacións nos mandaron vídeos.
Sodes uns fenómenos. Fíxome moitísima ilusión vervos, oírvos, admirar as vosas obras... foron tantos que non sería raro que esquecese algún. Se é así, mandádeme un correo que o volvo a subir cunha entrada dedicada exclusivamente a vós. Grazas de corazón por sentirvos tan cerca estando tan lonxe no día do libro.
br />
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.