27 de abr. de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


A celebración do Día da Letras Galegas, trasládase ao 31 de outubro
Este ano  no Día das Letras Galegas, o 17 de maio, homenaxearemos a Carbalho Calero, escritor e gran filólogo.
Pero, debido á suspensión das clases a causa da pandemia do coronavirus, e ante a incerteza de cando se poderán retomar, a Real Academia Galega  vén de comunicar que esta celebración se traslada ao día 31 de outubro, que coincide co 110 anos do nacemento do autor.
Esta institución  continúa divulgando a figura do  homenaxeado  a través da súa páxina web, a Primavera das Letras e o Portal das Palabras.
Tamén nos anima ao profesorado e ao alumnado a promover accións virtuais arredor da data do 17 de maio  e estender estas actividades sobre Carballo Calero a comezos  de curso .
Pola súa parte, O Seminario Galán,  pon a disposición da comunidade educativa o material das Letras Galegas 2020, onde se poden atopar actividades interactivas, actividades en PDF, marcadores, fotografías, vídeos…
Os noso alumnado xa está afeito a facer estas actividades todos os anos na aula de informática. Por iso, mentres non nos vexamos no colexio, animámosvos a  que entredes  en www.seminariogalan.org/ e fagades algunhas actividades. Lembrade que antes de nada, debedes ler con moita atención a biografía do autor. Tamén vos aconsellamos , empezar polas de 1º Curso  e ir subindo de nivel ata chegar ao voso curso.
Que? Seredes quen de facelas?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...